medio-ambiente
Novas
rolda concello

Xabier P. Igrexas: “A prórroga da concesión de Vitrasa só beneficia a empresa e hipoteca a cidade condenándonos a cinco anos máis cun servizo de autobús insuficiente”

O Bloque Nacionalista Galego oponse á decisión adoptada polo Goberno municipal que impedirá acometer a prometida e necesaria remodelación do servizo.

A fronte nacionalista segue a defender o carácter “estratéxico” de apostar pola mellora do transporte colectivo para avanzar cara a unha cidade máis sustentábel.

Ler novas
Novas
cedros

O BNG de Vigo propón un protocolo de protección do arborado urbano para evitar situacións como a dos cedros de Don Bosco

A fronte nacionalista cualifica de “inxustificábel” que por causa da falla de medidas preventivas nunha obra pública tronzasen dúas árbores protexidas e catalogadas.

Xabier P. Igrexas: “É momento de actualizar a ordenanza municipal de medio ambiente para aumentar a protección do arborado e avanzar na reconciliación da cidade co seu medio natural”. 

Ler novas
Novas
20190131_FOTO_RoldaEPA+Vulcano

O BNG de Vigo pide ao Goberno municipal que feche a porta definitivamente ao ‘pelotazo’ de Porto Cabral

  • Xabier P. Igrexas: “Reclamamos ao PSOE que actúe con coherencia e que coa mesma vehemencia que rexeita o ‘pelotazo’ da cidade deportiva do Celta en Mos dea portazo a Porto Cabral”.
  • A fronte nacionalista reitera a súa oposición frontal ao proxecto especulativo e esixe que “nin un só metro cadrado de monte comunal” se dedique a unha nova grande área comercial.
  • Propoñen facer de Cotogrande unha grande reserva forestal para poñer en valor o “pulmón verde” que representan os montes de Vigo.
Ler novas
Goberno local
eucaliptal

O Bloque propón que o Concello declare Vigo “cidade libre de eucalipto”

  • Demandan que se poña en marcha un programa de colaboración coas comunidades de montes, dotado con como mínimo 1 millón de euros, para avanzar na substitución de eucalipto por outras especies autóctonas.
  • O concelleiro electo do Bloque, Xabier P. Igrexas, chama a destinar máis medios e recursos para recuperar e poñer en valor “o verdadeiro pulmón verde da cidade” que son os montes periurbanos.
Ler novas