xunta
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG critica que a Delegada da Xunta en Vigo non teña feito nada para atallar a crise industrial e blindar o futuro do naval na cidade 

A fronte nacionalista repróchalle a Marta Fernández-Tapias que utilice o cargo para axir como “comisaria de propaganda de Feixóo" e como plataforma na pugna interna polo liderado do PP vigués. 

Xabier P. Igrexas: “En seis meses que leva como Delegada da Xunta en Vigo, Fernández-Tapias inda non foi capaz de pronunciar as palabras ‘sector naval’ nin de actuar fronte a situación crítica de Vulcano e Barreras”. 

Ler novas
Novas
navia01

O BNG rexeita en Vigo a reforma da Lei de Saúde por reducirse a máis multas e non a máis recursos para a sanidade pública

A fronte nacionalista acusa o PP de promover unha “contrareforma sanitaria” baseada en “vixiar punir e restrinxir dereitos, cunha especie de estado de alarma permanente”. 

Demandan que se revertan as políticas de recortes e privatizacións aplicadas pola Xunta nos últimos anos lembrando que “as multas non curan, pero máis persoal sanitario e máis medios na sanidade pública, si”.

Ler novas
Novas
xpi auga

O Bloque denuncia que o PP “volve dicir non a Vigo” ao rexeitar as súas emendas aos orzamentos da Xunta

A fronte nacionalista demandaba un incremento de 105 millóns de euros no investimento do Goberno galego en Vigo.

Xabier P. Igrexas: “O PP di con cinismo que están ‘por Vigo’ pero a Xunta  de Feixóo insiste nunha deliberada política de abandono e maltrato contra a principal cidade de Galiza”

Ler novas
Novas
rolda orzamentos

O BNG demanda un aumento de 105 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para Vigo

A fronte nacionalista presenta emendas centradas en enfrontar os efectos socioeconómicos da pandemia, o reforzamento dos servizos públicos a atención de necesidades infraestruturais.

A deputada, Carmela González, denuncia que o proxecto de presupostos elaborados polo Partido Popular non están focados na reactivación do País.

Xabier P. Igrexas: “Os orzamentos de Feixóo insisten en virarlle as cotas á principal cidade de Galiza e pretenden continuar a política de abandono que o PP aplica en Vigo”.

Ler novas
Novas
20190131_FOTO_RoldaEPA+Vulcano

O BNG cualifica de “cambio de caras” o relevo na Delegación Territorial da Xunta en Vigo e pide o fin da política de abandono da principal cidade galega

A fronte nacionalista desconfía de que Marta Fernández-Tapias vaia facer algo máis que continuar “a defender o indefendíbel” xustificando as políticas de abandono que practica a Xunta do PP contra a principal cidade de Galiza.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, insta a nova Delegada a atender as “reivindicacións e demandas da cidade” e  poñer fin ao desmantelamento dos servizos públicos, acabar coa privatización da sanidade e desbloquear cuestións como o novo instituto de Navia ou a mellora das conexións de transporte.

Ler novas
Novas
ROLDA BNG

O BNG comprométese a facer valer os intereses de Vigo no Parlamento galego para poñer fin ao abandono da Xunta

A fronte nacionalista presentou as liñas de traballo coas que iniciarán o curso político as dúas deputadas viguesas, Carmela González e Alexandra Fernández.

O reclamo dunha mudanza radical nas políticas industriais e laborais e a blindaxe e alargamento dos servizos públicos, serán dous eixos prioritarios.

Xabier P. Igrexas: “O BNG defenderá o papel que ten que xogar Vigo como motor de todo un País”.

Ler novas
Novas
IMG_20190530_180929_373

Xabier P. Igrexas: “O PP debeu ter comezado a campaña en Vigo pronunciando un ‘perdón’ tan grande como enorme foi o abandono da  Xunta de Feixóo”

O portavoz municipal do BNG advírtelle aos populares que fracasarán na súa estratexia de “ocultar con promesas unha década de incumprimentos” coa principal cidade de Galiza. “As viguesas e vigueses temos memoria”.

A fronte nacionalista chama a que o voto decisivo das viguesas e vigueses faga posíbel o “cambio galego” liderado por Ana Pontón, no que Vigo se converta no motor de todo o País.

Ler novas
Novas

O BNG da comarca de Vigo pide que a Xunta actúe para resolver as deficiencias na teledocencia universitaria e que suprima as taxas

A fronte nacionalista considera que a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria debe garantir un trato xusto e igualitario do estudantado para a finalización do curso académico na UVigo

Denuncian os problemas que están a enfrontar estudantes, profesorado e PAS neste contexto por non dispoñeren das ferramentas e medios axeitados. 

Lembran que o Bloque xa demandou o pasado mes de marzo a finalización do curso universitario tal e como demanda a comunidade educativa. 

Ler novas