BNG de Vigo
Novas
Encontro co Colectivo ‘Enfermeiras sen cadeas’

O BNG apoia as reivindicacións das ‘Enfermeiras sen cadeas’ e urxe unha mudanza radical na política sanitaria

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, e a deputada, Montse Prado, mantiveron un encontro con este colectivo e expresaron o seu apoio á demanda de máis persoal e mellores condicións laborais no ámbito sanitario.  

Prado anunciou que promoverán varias propostas de resolución no Debate do Estado da Nación que se realizará esta semana no Parlamento de Galiza, pedindo a fin dos recortes, da precariedade e da privatización sanitaria.

Igrexas demandou un “xiro de 180º” para que a Xunta do PP deixe de xogar coa saúde das persoas.

Ler novas
Novas
IMG_20190530_180929_373

O BNG ve insuficiente o relevo do xerente da EOXI de Vigo e urxe unha mudanza radical na política sanitaria

  • O concelleiro Xabier P. Igrexas cualificou de “nefasta” a xestión de Felix Rubial á fronte da xerencia integral da EOXI, salientando o seu papel na implantación do modelo privatizador imposto no Hospital Álvaro Cunqueiro.
  • A fronte nacionalista advirte de que os problemas da sanidade non se van resolver relevando os seus “executores”, e urxe á Xunta do Partido Popular a desistir da súa política de desmantelamento e recorte en favor dunha “sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade”.
Ler novas
Novas
Cruceiro_Vigoe

Xabier P. Igrexas: “Vigo está saturada de grandes áreas comerciais en proceso de desertización”

  • O concelleiro do BNG oponse ao proxecto dun novo macrocentro comercial de 40 mil metros cadrados en Cruceiro (Alcabre) e rexeita que teña ningún “interese xeral”, como defende o Goberno municipal.
  • A fronte nacionalista volve reclamar un maior apoio ao pequeno e mediano comercio que “vertebra a cidade e dinamiza os nosos barrios e parroquias”. Demandan que se aplique unha moratoria de dez anos na concesión de novas licenzas.
Ler novas
Novas
Mitin de peche Vigo

O BNG pide o voto a todas as persoas que non se conforman para facer de Vigo “unha cidade para o pobo”

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, chama no acto de feche de campaña a evitar unha nova maioría absoluta “letal” e pide o apoio para o proxecto aberto e en positivo do Bloque para darlle un novo impulso a Vigo.

Pontón asegura que o BNG entrará con forza no Concello para construír un Vigo en positivo, desde o diálogo e lonxe da confrontación

Ler novas
Novas
bng uxt 02

O BNG promoverá a elaboración participativa dun novo PXOM para poñer o urbanismo ao servizo das persoas

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas comprométese a levar a elaboración do novo Plan “a pé de rúa” contando coa participación directa das veciñas e veciños, para lograr que sexa un “PXOM de toda a cidade, co máximo consenso político e social”.

A fronte nacionalista aposta nun deseño urbano racional adecuando a edificabilidade ás necesidades reais, sustentábel, reconciliando a cidade co seu medio natural, e que atenda á totalidade do territorio e permita vertebrar mellor a cidade entendendo que a cidade tamén son os barrios e as parroquias. “Queremos un urbanismo ao servizo da cidade e das persoas, non da especulación”, resume Igrexas.

Ler novas