Novas
Xabier P Igrexas co Regulamento da Valedoría da Cidadanía

O BNG rexeita o intento de “dedazo antidemocrático” para designar Galovart como nova Valedora da Cidadanía de Vigo

A fronte nacionalista critica que o alcalde non comunicara a renuncia de Luís Espada aos grupos da oposición e afea a “falla de consenso” para a sucesión, competencia do Pleno

Cuestiona a "clara vinculación" de Galovart co PSOE xerando “enormes dúbidas” de que que actúe con plena independencia, imparcialidade e obxectividade como require o cargo

Xabier P. Igrexas: “Cómpre abrir unha nova etapa na Valedoría, toda vez levamos desde 2017 sen o seu informe anual e con máis de 15 mil queixas veciñais neste mandato”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo emenda a suba xeral dos impostos de Caballero para 2025 por “inxusta e innecesaria”

A fronte nacionalista rexeita unha nova suba xeral do 4% nas taxas municipais e formula 55 emendas ás ordenanzas fiscais do vindeiro ano para avanzar cara a “un modelo equitativo no que pague menos quen ten menos recursos”

Xabier P. Igrexas: “É unha tomadura de pelo que o alcalde pretenda seguir a aumentar a presión fiscal cando a maioría social inda non recuperou o poder adquisitivo previo á crise da inflación e o Concello deixou o ano pasado 115 millóns de euros sen executar”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG reclamará no Pleno de Vigo a mellora das conexións por tren: Media Distancia, Saída Sur e cercanías

A fronte nacionalista traslada unha moción para demandar compromisos reais do Goberno español, e medidas por parte da Xunta e do Concello, para avanzar na rede ferroviaria da cidade e da súa área metropolitana

Xabier P. Igrexas: “É fundamental enfrontar os importantes e históricos déficits que ten a conexión por tren da maior cidade de Galiza”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Ana Pontón, Carmela González, Alexandra Fernández e Manuel Caride na entrada do HAC

Ana Pontón: “Se o PP veta a comisión de investigación sobre o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro, admitirá a súa culpabilidade”

A portavoz nacional do BNG reclama ao Executivo de Rueda que non se agoche e aclare a fraude pola que a cidadanía pagou 470 M€ de máis por un hospital con menos camas

Xabier P. Igrexas:
"O Bloque volvemos esixir o rescate da concesión privada do Álvaro Cunqueiro para garantir que a área sanitaria de Vigo ten un hospital 100% público"

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG esixe a Caballero que paralice o seu modelo de multas e abra un debate sobre as Zonas de Baixas Emisións en Vigo

A fronte nacionalista chama o Goberno local a rectificar a súa proposta de ZBE apostando por dar alternativas ao uso do coche en lugar de sancións e restricións por tipo de vehículo

Xabier P. Igrexas: “A proposta de Caballero discrimina as persoas polo lugar de residencia e pola renda porque non todo o mundo se pode permitir un vehículo eléctrico”

Ler novas

O BNG de Vigo denuncia que a piscina das Travesas segue pechada malia o anuncio de reapertura en setembro

A fronte nacionalista esixe o Goberno local que explique os motivos da demora e informe cando abre a instalación deportiva, após un verán no que Vigo só contou cunha piscina municipal aberta

Filipe Abalde: “As persoas usuarias das Travesas atopáronse sen ningún aviso previo que a piscina segue pechada, sendo derivadas a Lavadores e Valadares onde hai saturación”

Ler novas
Obras de humanización na Avenida Martínez Garrido

O BNG pide mellorar a planificación das obras nas rúas de Vigo para evitar os continuos atrasos e molestias

A fronte nacionalista considera que a “nula supervisión” do Goberno de Caballero provoca que obras en rúas como Val Miñor ou Teixugueiras leven meses “empantanadas”  

Propón unha Comisión Municipal de Seguimento das Obras con participación veciñal e demanda información sobre as indemnizacións pola demora na execución dos traballos

Xabier P. Igrexas: “Hai que priorizar o benestar da veciñanza, garantir o tránsito seguro e reducir ao mínimo as molestias en lugar deste modelo exhibicionista de inauguracións”
Ler novas