Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG revela que o Concello transferiu 50 millóns a Vitrasa dende 2019 malia recortar frecuencias e precarizar as condicións laborais

A fronte nacionalista acusa o Goberno local de “complicidade” coa concesionaria de bus: “Non podemos seguir a subvencionar a precariedade nun servizo de titularidade municipal”

Chama a aproveitar a oportunidade da fin da concesión en xuño de 2025 para remunicipalizar o servizo e dotalo de máis frecuencias, mellores horarios e un novo mapa de liñas

Xabier P. Igrexas: “Coa política de mobilidade de Abel Caballero a única que gaña sempre é Vitrasa; o único que se move é cada vez máis diñeiro público aos petos da empresa”

Ler novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno municipal

O BNG afea o veto de Caballero ás 152 alternativas nacionalistas para os Orzamentos de Vigo de 2025

A fronte nacionalista rexeita no Pleno as contas do PSOE por ser un “copia-pega” de anos anteriores que evidencian “a fatiga dun Goberno municipal consumido pola inercia”

As propostas do BNG buscaban melloras en 7 grandes eixos: política social, vivenda, investimentos nos barrios, axenda feminista, cultura, deporte e por un Vigo máis verde

Xabier P. Igrexas: “As 152 emendas do BNG definen un horizonte de esperanza fronte a un Goberno municipal que xa non ten nada que ofrecerlle ás viguesas e aos vigueses”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz BNG Vigo

O BNG urxe dotar Vigo dun Plan municipal de Acción contra as Inundacións

A fronte nacionalista asegura que están identificadas na cidade até 50 zonas de risco de inundacións, segundo se recolle na revisión do PXOM, algunhas en ámbitos moi poboados e con importante actividade económica

Xabier P. Igrexas: “Temos que reforzar a prevención diante da evolución cada vez máis explosiva da meteoroloxía, con precipitacións concentradas en períodos máis curtos pero de moita maior intensidade”

Ler novas
Atasco no Nadal de Vigo (foto:metropolitano.gal)

O BNG critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que colapsou Vigo polo Nadal

A fronte nacionalista demanda acceso ao plan de tráfico “pantasma” anunciado polo alcalde do que non existe ningún documento nin figura na páxina oficial do Concello

Afea a chamada do rexedor a usar o bus urbano cando se prevén recortes no servizo así como a falla de medidas para asegurar a áxil circulación dos servizos de emerxencias

Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva ser un caos colosal, garantindo a mobilidade, seguridade, convivencia e respecto aos dereitos da veciñanza”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, onte en Teis

O BNG pide non desaproveitar a “oportunidade” para Vigo que supón a fin da concesión a Vitrasa

A fronte nacionalista defende, desde un acto público en Teis, a remunicipalización do transporte urbano como primeiro paso para mellorar substancialmente o servizo

Xabier P. Igrexas: “Temos que despregar outro modelo de mobilidade, dando alternativas reais ao uso do coche particular, que conecte e vertebre o conxunto dos barrios e parroquias e nos permita avanzar cara a unha cidade máis habitábel, máis segura e moito máis sustentábel”

O Bloque reitera o seu “total e rotundo apoio” ao persoal de Vitrasa que onte se volveu mobilizar diante da falla de avances na negociación do novo convenio colectivo

Ler novas
Antena na rúa dos Canteiros, en Matamá

O BNG pide que o Concello de Vigo aclare se a antena de telefonía en Matamá conta con licenza municipal

A fronte nacionalista denuncia que leva dende xuño esixindo explicacións do Goberno municipal diante das numerosas queixas veciñais

Cuestiona a instalación nun ámbito con importantes afeccións patrimoniais, próxima á capela de San Amaro, que dificulta á veciñanza realizar obras nas súas vivendas

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que as normas urbanísticas non se apliquen por igual a todo o mundo”

Ler novas
O grupo municipal do BNG, Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde, no Pleno

O BNG lamenta que Caballero impoña o “axuste de contas partidista” á unidade en favor da Saída Sur

A fronte nacionalista reivindica no Pleno a necesidade dun consenso de cidade para facer realidade a Saída Sur no ano 2030 esixindo compromisos claros do Goberno español

Critica o rexeitamento do alcalde á emenda do Bloque que buscaba un acordo unánime da Corporación para impoñer unha “moción partidista chea de falsidades e insidias”

Xabier P. Igrexas: “Un asunto estratéxico para Vigo non pode acabar enlamado como un triste capítulo máis da lea partidista da que tanto gostan PSOE e PP”

Ler novas