Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo tende a man para lograr un acordo unánime no Pleno esixindo a Saída Sur en 2030

A fronte nacionalista formula unha emenda á moción presentada polo alcalde para o Pleno extraordinario deste xoves, a quen acusa de “desviar a atención con falsidades e insidias”

Xabier P. Igrexas: “Volvemos tenderlle a man ao alcalde para que rectifique e ao conxunto dos grupos da Corporación para atinxirmos un acordo unánime, que envíe unha mensaxe rotunda desde a unidade en nome de toda a cidade esixindo que a Saída Sur sexa realidade, si ou si, no ano 2030”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo presenta máis de 150 alternativas ao proxecto de Orzamentos Municipais de Caballero para 2025

A fronte nacionalista rexistra unha ampla batería de emendas parciais por importe de 22 millóns para que as contas do Concello do vindeiro ano atendan as necesidades reais da cidade fronte á “inercia paralizante” do Goberno local do PSOE e a “preguiza” do PP

Propoñen melloras en seis grandes eixos: política social e vivenda, investimentos nos barrios e parroquias, axenda feminista, cultura, deportes e por un Vigo máis verde

Xabier P. Igrexas: “Son unha alternativa en positivo fronte ás contas de Abel Caballero, que se nega a escoitar e non ten máis proxecto que seguir ocupando o goberno”

Ler novas
Obras Gasolineira Pontillón

O BNG de Vigo denuncia irregularidades nas obras da gasolineira no Pontillón

A fronte nacionalista reitera a solicitude de acceso á documentación municipal despois do cambio da empresa construtora e pola falla do informe preceptivo de Patrimonio

Xabier P. Igrexas: “Resulta evidente que non se ten valorado o impacto de chantar unha gasolineira a poucos metros de vivendas e a súa afectación tanto patrimonial, co parque de Castrelos, como ambiental, co río Lagares”

Ler novas
Foto: AP Vigo

O BNG urxe un “xiro radical” da Xunta ante a destrución de 1.800 empregos na industria de Vigo no último trimestre

A fronte nacionalista demanda unha “enérxica intervención pública” para enfrontrar a “grave crise” en actividades estratéxicas como o naval, a automoción e o sector pesqueiro

Afea tamén a falla de políticas do Goberno de Caballero, que destina case o triplo de recursos a luces e adornos de Nadal que ao Plan de Emprego Municipal

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo non pasa por nos converter nun parque temático que visitar, nin polo Xacobeo nin polas luces de Nadal”

Ler novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide convocar o Consello Social da Cidade para esixir "con firmeza e unidade" a Saída Sur no 2030

A fronte nacionalista chama a sumar forzas esta semana no máximo órgano de participación dos principais sectores locais para trasladar unha posición de cidade en demanda de alta velocidade entre Vigo e Porto

Advirte que o Pleno extraordinario anunciado por Caballero apunta a “un axuste de contas en retrospectiva” en lugar de reclamar que o Goberno español priorice esta conexión

Xabier P. Igrexas: “O BNG cremos que un asunto tan relevante para Vigo non pode acabar enlamado como un capítulo máis da lea partidista entre PSOE e PP”

Ler novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo alerta de que o Goberno de Caballero vai deixar arredor de 150 millóns sen executar este 2024

A fronte nacionalista denuncia no Pleno a “falla de xestión” do Goberno municipal que só executou o 46% do orzamento até o terceiro trimestre deste exercicio, e que ten un acumulado de 500 millóns de euros sen gastar durante os últimos catro anos

Xabier P. Igrexas: “Podemos definir a acción de goberno de Caballero co título dun dos programas favoritos do alcalde: 'Todo es mentira'; anuncian e prometen pero nunca fan”

Ler novas
Protesta da CIG ás portas do Concello pola negativa de Caballero a instalar o monumento conmemorativo das loitas obreiras de 1972

O BNG defenderá no Pleno a instalación en Vigo dun monumento conmemorativo das loitas obreiras de 1972

A fronte nacionalista traslada unha moción da CIG diante do intento de “silenciamento” do Goberno local, que se nega a facilitar unha localización para o monumento encargado e pagado pola central sindical

Xabier P. Igrexas: “O mesmo Goberno que financia con diñeiro público un Sagrado Corazón de Xesús na Guía négase a que a cidade teña un espazo visíbel e permanente para render tributo a quen tanto loitou polos dereitos de todas e de todos"

Alberto Gonçalves: “A CIG non imos permitir que ningún alcalde ofenda desta maneira a memoria das grandes loitas obreiras que se viviron en Vigo”

Ler novas

O BNG de Vigo demanda unha rede municipal de bibliotecas en todos os barrios e denuncia o abandono da Juan Compañel

A fronte nacionalista pide aclarar as consecuencias do asolagamento en varios espazos da biblioteca do Casco Vello, que custodia importante patrimonio bibliográfico da cidade

Ana Martínez: “A veciñanza precisa que o Concello constrúa auténticas bibliotecas de proximidade, como a que espera Teis desde hai unha década e máis de 20 promesas”

Ler novas