Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG leva ao Pleno de Vigo a demanda dunha AP9 galega e libre de peaxes

A fronte nacionalista propón, a través dunha moción, instar o Goberno español a anular a última prórroga ilegal, a proceder a seu rescate publico da autoestrada para liberala de peaxes e iniciar a súa transferencia para ser xestionada por Galiza

Piden unha posición “firme do máximo organismo de representación democrática da cidade” para responder as declaracións do ministro Oscar Puente nas que amosaba a súa resistencia a facer coa AP9 o mesmo que si se fixo co rescate das radiais madrileñas. 

Xabier P. Igrexas: “As bonificacións non son suficientes, temos que lograr unha AP9 galega e libre de peaxes para poñermos fin a esta estafa insoportábel”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG esixe a Ángel Rivas que medie para unha solución xusta na folga de Parques e Xardíns ou dimita

A fronte nacionalista reclama unha rectificación das acusacións falsas realizadas polo concelleiro socialista: “Son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”

Acusa ao Goberno de Caballero de poñerse sempre do lado das grandes concesionarias en lugar de defender o interese público e os dereitos do persoal de servizos municipais

Xabier P. Igrexas: “Que faga un oco na súa axenda institucional de misas e procesións e dedique apenas uns minutos a escoitar ao persoal de mantemento de zonas verdes”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Alexandra Fernández coa ANPA do CEIP Balaídos

O BNG reclama á Xunta que rectifique o “inxustificado” recorte dunha liña de infantil no CEIP Balaídos

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego e no Concello de Vigo para evitar a supresión dun curso en 4º de infantil, após manter un encontro coa comunidade educativa en pé contra esta decisión do Goberno do PP

Alexandra Fernández: “Vai ter graves consecuencias para este centro, coa saturación dunha aula de crianzas de 3 anos e recortando á metade o persoal docente e de apoio”

Xabier P. Igrexas: “A mesma Xunta que cada curso amplía os concertos coas empresas do ensino privado, atrévese a recortar unha liña educativa nun centro público”

Ler novas
Árbores Canido (Foto: Vigoé)

O BNG de Vigo esixirá que o Concello actúe fronte a vandalización de varias árbores no paseo de Canido

 A fronte nacionalista dará traslado das demandas da veciñanza que levan semanas advertindo de accións en contra de varios exemplares, situados diante dunha nova urbanización

Critican o “moi deficiente control e mantemento” do arboredo da cidade e denuncian que o Goberno municipal inda non rectificou o “chapuceiro plan anual de poda que abre a a porta ao arboricidio”

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal non pode seguir facendo a vista gorda mentres hai quen quere acabar con árbores de grande porte en Canido porque restan vistas a unha nova urbanización VIP” 

Ler novas
Manuela Rodríguez, Xabier P. Igrexas e Carmela González

O BNG lanza unha ofensiva para facer público o Teatro Cine Fraga sen repagar a Abanca polo edificio

A fronte nacionalista traslada iniciativas ao Concello de Vigo, á Deputación e á Xunta de Galiza para evitar a “estafa” do PP de dilapidar 9,3 millóns de diñeiro público na compra

Propón un consorcio público-privado entre as tres administracións para a cesión gratuíta do inmóbel e abrir un diálogo co tecido cultural vigués para deseñar o proxecto

Avanza unha emenda á totalidade no Pleno extraordinario deste venres por discrepar cos acordos formulados polo PSOE  que insisten “nos xogos sectarios e partidistas”

Ler novas
Fila de persoas na lonxa do Concello de Vigo

O BNG de Vigo pide reactivar a figura do “Valedor do Cidadán”

A fronte nacionalista lamenta que desde o ano 2017 o Valedor non teña presentado o seu informe anual perante o Pleno

Denuncian que desde o inicio do actual mandato municipal son xa case 15 mil as queixas recibidas no Concello por parte da veciñanza e volven esixir a constitución da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións

Xabier P. Igrexas: “Diante dun Goberno municipal que insiste na súa xordeira autoritaria, na súa falla de diálogo co tecido asociativo e na desatención das demandas veciñais, é máis necesario do que nunca que o Valedor exerza as súas competencias”

Ler novas
Mobilización veciñal na Illa de Toralla

BNG urxe o Goberno a actuar e recuperar como espazo público a Illa viguesa de Toralla

Carme da Silva exixe garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas

O BNG mostra o seu apoio á mobilización veciñal realizada o pasado fin de semana para reclamar que a illa sexa devolta ao uso público e se abra a senda peonil prometida

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que en pleno 2024 a illa de Toralla continúe a ser un couto privado para uns poucos VIP”

Ler novas
Abel Caballero nun concerto como 'teloneiro'

O BNG de Vigo critica que Abel Caballero volva erixirse en “alcalde teloneiro” dos concertos de Castrelos

A fronte nacionalista defende que Castrelos non pode ser “escenario para o ego imperial” do rexedor e ironizan con que xa falou máis tempo alí que nos últimos Plenos municipais dos que “foxe para ir de tertuliano televisivo”

Denuncian o deseño excluínte e caprichoso da programación de concertos, que marxina a música en galego, sen apenas variedade de estilos, con escasa presenza de artistas femininas e vetando Castrelos a grupos da cidade

Xabier P. Igrexas: “Para Caballero as viguesas e vigueses só poden escoitar indie, pop ou música urbana, o seu Spotify debe ser ben triste”

Ler novas