Novas
Grupo Municipal do BNG abandonando o Pleno de Vigo

O BNG abandona o Pleno de Vigo en protesta polo “sectarismo” de Caballero coas distincións da cidade

Denuncia o veto da proposta nacionalista de recoñecer o Sárdoma CF como entidade Viguesa Distinguida ou de conceder a Medalla da Cidade, a máxima distinción do Concello, ao bombeiro Sergio Sanlés falecido en acto de servizo

Xabier P. Igrexas: “Levamos demasiado tempo advertindo de que os recoñecementos e galardóns da cidade fican secuestrados polo absolutismo antidemocrático do alcalde”


 
Ler novas
Axentes dos GOA no vídeo difundido por Desokupa en Vigo

O BNG de Vigo esixe explicacións ao Goberno municipal pola participación de Desokupa nunha intervención da Policía Local

A fronte nacionalista reclama a comparecencia da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, e pide que o subdelegado do Goberno, Abel Losada, aclare se coñecía ou autorizou a presenza desta empresa privada vinculada coa extrema dereita

Esixe adoptar todas as medidas necesarias para evitar que estes feitos “gravísimos”, e que poderían comprometer a validez xurídica da intervención, se volvan repetir

Xabier P. Igrexas: “As labores policiais e a salvagarda da seguridade pública non poden estar participadas, en ningún caso, por organizacións ultra ou empresas como Desokupa”

Ler novas
Calexón do Balado hoxe e antes

O BNG critica un novo arboricidio no centro de Vigo do alcalde-leñador Abel Caballero

A fronte nacionalista denuncia a talla de árbores durante o reinicio das obras no Calexón do Balado, entre as rúas Rosalía de Castro e Areal, a pesar das protestas veciñais

Xabier P. Igrexas: “A visión gris cemento do alcalde está a impedir que Vigo avance cara ao futuro máis verde que todas e todos merecemos”

Ler novas
Sergio Sanlés, Sárdoma CF e Marta Souto

O BNG propón a Medalla da Cidade para o bombeiro Sergio Sanlés e recoñecer o Sárdoma CF e Marta Souto como Viguesas Distinguidas

A fronte nacionalista pide outorgar a título póstumo a máxima distinción do Concello de Vigo ao bombeiro falecido en acto de servizo o pasado maio

Propón distinguir á finada Marta Souto pola súa contribución en favor da lingua galega e do deporte, e ao Sárdoma CF polo seu compromiso na promoción do fútbol feminino

Xabier P. Igrexas: “Estas tres propostas están máis que motivadas polo que o BNG confiamos no apoio unánime da Corporación para o recoñecemento que merecen”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo acusa a Abel Caballero de crear unha “cortina de fume” para tapar o caso Guns N’ Roses

A fronte nacionalista critica a convocatoria dun pleno extraordinario este xoves xusto a continuación da sesión promovida pola oposición ante a demoledora sentenza do concerto

Afea que utilice como “coartada” a exclusión de Vigo como porto nodal na rede europea

Xabier P. Igrexas: “Por máis que intente fuxir deste escándalo, no que pretendeu entregar 2 millóns á promotora amañando un falso concurso público, Caballero non o vai conseguir”

Ler novas
Protesta da veciñanza afectada pola A-52 nas portas do Concello de Vigo

O BNG de Vigo critica que o alcalde “amordazase” a veciñanza de Bembrive impedíndolle intervir no Pleno

Abel Caballero negouse a que a Plataforma Bembrive en Pé puidese intervir na sesión extraordinaria sobre a nova A-52 a pesar de que o regulamento o permite

Critican a posición “cínica e inconsistente” do PP que, no fondo, coincide co PSOE en defender a ampliación da autovía

A fronte nacionalista insistiu en defender a alternativa real da liberación da peaxes da AP-9

Xabier P. Igrexas: 
“Non hai nada máis macarra, non hai peor matonismo político, que utilizar a presidencia do Pleno para impedir que a veciñanza poida falar”

Ler novas