Novas
Campo da ETEA sen iluminación na metade do terreo de xogo

O BNG de Vigo propón un plan de reforma para reverter o mal estado de moitas instalacións deportivas

A fronte nacionalista responsabiliza o Goberno de Caballero do peche de numerosos pavillóns, campos e piscinas municipais por falla de mantemento

Denuncia que non se executou no que vai de ano nin un só euro da partida orzamentaria destinada á mellora das dotacións deportivas

Filipe Abalde:
“Non pode escusarse nas malas condicións meteorolóxicas para xustificar este abandono, é un problema de falla de xestión e de vontade política”  

Ler novas

Ana Pontón destaca a importante mellora na mobilidade de Vigo grazas ao acordo do BNG

A portavoz nacional do BNG salienta os novos descontos nas peaxes da AP-9, a posta en marcha do servizo ferroviario de proximidade ou a mellora das conexións con Portugal

Néstor Rego: “Sen o BNG non serían posibles as medidas comprometidas con Galiza”

Xabier P. Igrexas: “Non é teito de nada, senón un sólido solo para seguir avanzando na mellora da atención das necesidades de Galiza e da súa maior cidade"

Ler novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo, coa bandeira da Palestina

O BNG promove unha declaración institucional no Concello de Vigo para reclamar a fin do xenocidio na Palestina

A fronte nacionalista pide pendurar a bandeira da Palestina na casa consistorial e convocar de urxencia o Consello Municipal de Cooperación Internacional para acordar un programa de axuda humanitaria, entre outras medidas

Xabier P. Igrexas: “As viguesas e os vigueses non podemos ficar indiferentes nin en silencio diante do ataque masivo do Goberno de Israel contra da poboación palestina”

Ler novas
Desaloxo de dous inmóbeis na rúa Fisterra

Xabier P. Igrexas: “Cantas persoas máis teñen que malmorrer en Vigo para que Xunta e Concello actúen?”

O BNG lamenta a aparición dunha persoa falecida durante o desaloxo forzoso de dous inmóbeis na rúa Fisterra, a 13ª empobrecida morta na cidade en infravivendas ou na rúa este ano

Reclama despregar xa unha enérxica política de vivenda pública e atención social fronte á vulnerabilidade, na liña da moción formulada pola fronte nacionalista no último Pleno municipal e que foi rexeitada polo PSOE de Caballero e o PP de Fernández-Tapias

Ler novas

O BNG de Vigo impugnará a “cacicada” de Caballero na tramitación dos orzamentos municipais de 2024

O Goberno municipal convocou a Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda cun correo electrónico con 14 minutos de antelación á hora da xuntanza

A convocatoria ilegal vulnera o previsto nos artigos 36 e 82 do Regulamento Orgánico do Pleno e no 46.2 da Lei de Bases de Réxime Local que esixen que a convocatoria se faga con dous días de antelación

Xabier P. Igrexas: “Non só pretenden impoñer de novo uns orzamentos que son só do PSOE, sen contar con ninguén, senón que queren facelo pasando por riba da legalidade. No que dependa do BNG non llelo imos consentir”

Ler novas

O BNG de Vigo defende a remunicipalización e un novo modelo de bus urbano fronte á enquisa farsa de Caballero

A fronte nacionalista acusa o Goberno municipal de “simular” que actúa ante os problemas do transporte urbano, cando o único que fixo nestes anos foi “empeorar gravemente” as condicións do servizo

Xabier P. Igrexas: “As moitas deficiencias e insuficiencias de Vitrasa non se van resolver cunha cortina de fume de 320 mil euros para un estudo do que apenas nada coñecemos”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Montse Prado e Carmela González en rolda de prensa

O BNG esixe unha auditoría do concerto con Povisa diante da “opacidade” do PP na Xunta nos pagos ao centro privado

A fronte nacionalista reclama “luz e taquígrafos” sobre a última prórroga do acordo e insiste na necesidade de absorber o hospital na rede pública ante a proximidade da fin do concerto

Monste Prado: “A riada de cartos públicos que destinamos a Povisa non está significando nin maior calidade asistencial nin mellores condicións laborais”

Xabier P. Igrexas: “É un pésimo negocio para a sanidade pública, para as viguesas e vigueses, pero unha moi lucrativa operación para as empresas privadas amigas do PP”

Ler novas