Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG denuncia a ocultación da aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por parte do Goberno de Caballero

A fronte nacionalista revela que o documento de aprobación provisional foi entregado este luns pola equipa redactora, sen que se dera conta na Xerencia Municipal de Urbanismo nin se informara publicamente da resolución das miles de alegacións veciñais

A posición do Bloque vai depender “en grande medida” de se o documento corrixe o modelo urbanístico “fracasado e ao servizo da especulación”, e da retirada dos viais “innecesarios” que ameazan con tronzar o rural de Vigo, entre outros

Xabier P. Igrexas: "Vigo merece dun novo PXOM de toda a cidade e para toda a cidade, non un Plan Xeral elaborado e tramitado ás agochadas"
Ler novas
Xabier P. Igrexas (esq), Ana Martínez e Filipe Abalde, concelleiros do BNG no Pleno de Vigo

O BNG afea a oposición do PSOE de Caballero a actuar fronte á situación das infravivendas en Vigo

A fronte nacionalista lamenta o rexeitamento da súa moción ao Pleno que pedía cooperación da Xunta e do Concello para despregar con urxencia alternativas habitacionais dignas na cidade, entre outros acordos

Xabier P. Igrexas: “O tráxico incendio en Afonso X e o desaloxo de dous inmóbeis na rúa Fisterra deixaron en evidencia as deficiencias na atención da vulnerabilidade social”

Ler novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo urxe a Concello e Xunta a actuar diante da “emerxencia laboral” que retrata a última EPA

Os últimos datos oficiais da Enquisa de Poboación Activa recollen que na cidade de Vigo o desemprego aumentou en 3.500 persoas no último trimestre e que inda non se recuperou o nivel de ocupación anterior á pandemia

A fronte nacionalista anuncia que a promoción do emprego será unha das súas prioridades nas emendas aos orzamentos do Concello e da Xunta

Xabier P. Igrexas: “A cifra que mellor retrata o retroceso de Vigo en termos de emprego e de capacidade produtiva é que a día de hoxe teñamos 7.400 postos de traballo menos dos que había no ano 2009”

Ler novas
Xabier P Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demandará no Pleno que Xunta e Concello atendan as situacións de vulnerabilidade social e de infravivenda

A fronte nacionalista alerta de que o Goberno municipal  non garante o aloxamento das familias afectadas polo incendio da rúa Afonso X e as desaloxadas de dous inmóbeis da rúa Fisterra a partir do vindeiro 3 de novembro

Critican con dureza a utilización “cínica e indecente” polo Partido Popular dunha “situación dramática a nivel social” para colocar o seu discurso reaccionario sobre a ocupación mentres a Xunta non exerce as súas competencias en vivenda

Xabier P. Igrexas: “Nesta cidade de ascensores millonarios e grandes proxectos como o Vigo Arena non podemos seguir permitindo que haxa moitos veciños e veciñas que teñen que malvivir en vivendas que non están en condicións”

Ler novas
Encontro Veciñal BNG Vigo 09_05 (4)

O BNG urxe convocar o Consello de Transportes do Concello para poñer fin á “situación límite” do bus en Vigo

A fronte nacionalista chama a reunir o máximo órgano municipal para acordar unha saída ao problema en Vitrasa e reverter a “precarización” do servizo, diante dos “graves prexuízos” que padece a veciñanza

Responsabiliza Abel Caballero do conflito pola súa “descarada complicidade cos reiterados incumprimentos” da empresa, tanto da concesión como das obrigas co persoal

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal ten actuar xa para resolver esta situación nun servizo de titularidade do Concello e absolutamente esencial para as viguesas e vigueses”

Ler novas
Sensores de afluencia na rúa Príncipe

O BNG pide aclarar quen instalou e con que fin os sensores de medición de afluencias aparecidos nas rúas de Vigo

A fronte nacionalista demanda que o Goberno municipal informe se foron instalados por indicación do Concello estes dispositivos, sobre os que non consta licitación aberta

Xabier P. Igrexas: “O BNG pedimos garantías de que en ningún caso van recoller datos de carácter persoal; a cidadanía ten dereito a transitar libremente nas rúas da cidade”

Ler novas
Concentración da veciñanza de Teis en abril de 2023 para reclamar a biblioteca municipa no barrio

O BNG demanda a prometida biblioteca para Teis como primeiro paso para unha rede municipal en todos os barrios de Vigo

No Día das Bibliotecas, a fronte nacionalista reitera a necesidade de dotar dun mínimo de 20 bibliotecas municipais á cidade, que hoxe só conta coa Neiras Vilas no Calvario impulsada polo Bloque en 2011

Lamenta que o Goberno municipal só teña aberto salas de lectura na última década que non contan nin con libros nin con persoal bibliotecario

Ana Martínez: “Fronte a un Caballero alérxico aos libros, o BNG defendemos a cultura como un dereito e as bibliotecas como un instrumento imprescindíbel para garantilo”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz Municipal do BNG Vigo

O BNG tacha de “fume preelectoral” os orzamentos da Xunta para 2024 que insisten no “abandono” de Vigo

A fronte nacionalista critica que os investimentos previstos sexan pouco máis do 1% do orzamento total, cando a cidade representa máis do 11% da poboación e do PIB galego

Cualifica de “insólito” que o proxecto de contas fora presentado pola presidenta local do PP e non pola delegada territorial da Xunta en Vigo

Xabier P. Igrexas: “Os compromisos concretos que se recollen son unha verdadeira tomadura de pelo a todas as viguesas e vigueses”

Ler novas
lagares 02

O BNG de Vigo pide a paralización inmediata das obras denunciadas no nacemento do río Lagares

Interpelarán o Goberno municipal na Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello e rexistrarán iniciativas no Parlamento galego

Xabier P. Igrexas: “Non é a primeira vez que se producen este tipo de actuacións nas proximidades do río pola vía dos feitos consumados, polo que para o BNG é claro que o Concello non pode ficar de brazos caídos diante do que pode constituír unha irreversíbel agresión ambiental ao río Lagares”

Ler novas
A deputada, Carmela González, e o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, reunida con CIG, CCOO e UXT.

O BNG esixe da Xunta medidas reais para poñer fin á «insoportábel sinistralidade laboral» nos estaleiros de Vigo

A deputada no Parlamento galego, Carmela González, reclama que na xuntanza da Mesa do Sector Naval saia «unha folla de ruta concreta con decisións verificábeis para atallar dunha vez por todas a gravísima e inaceptábel sinistralidade laboral»

A fronte nacionalista rexistrará unha nova batería de iniciativas no Parlamento para que a Xunta de Galiza faga públicos os datos reais sobre os accidentes que se rexistran no sector

Xabier P. Igrexas: «A raiz da brutal sinistraliedade labaoral no naval está na crecente precariedade laboral. Este modelo produtivo que insiste na precariedade é un risco para a seguridade, a saúde e mesmo a vida dos traballadores e traballadoras»

Ler novas