O BNG de Vigo demanda un Plan de Mobilidade e Seguridade para evitar que se repita o «caos» no Nadal
Demandan medidas que eviten as retencións de tráfico, garantan o paso áxil de vehiculos de emerxencia e garantan a seguridade peonil e propoñen a instalación de aparcadoiros disuasorios e lanzadadeiras de bus
Xabier P. Igrexas: «Estamos a 9 de outubro e por iso cremos que non pode haber escusas. O Goberno de Abel Caballero ten que deseñar un operativo municipal que evite que o seu nadal converta un ano máis a cidade de Vigo nun parque temático inseguro e inhabitábel»