Novas
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

O BNG pide un Plan de Impulso e Dinamización dos Museos de Vigo para frear a perda de visitantes

A fronte nacionalista urxe medidas como a ampliación de horarios de apertura, garantindo como mínimo 8 horas diarias de luns a domingo, ante a “caída libre” da rede museística, que ten hoxe a metade de visitantes que no ano 2011

Xabier P. Igrexas: “A cultura é un dereito e unha necesidade social e non hai nada máis desculturizante que termos museos pechados ou baleiros”

Ler novas
Encontro BNG Vigo Artes Escénicas

O BNG propón que Vigo sexa sede dunha Mostra Atlántica de Danza e Circo que proxecte a cidade na lusofonía

A fronte nacionalista realizou un encontro aberto sobre artes escénicas no que anticipou algunhas das súas propostas municipais para promover e alentar a creación artística e cultural na cidade

Xabier P. Igrexas: “Fronte á actual política de desertización cultural que illa e empequenece a cidade, o BNG apostamos por unha cultura expansiva que teza sinerxías e alianzas desde Vigo e Galiza, para proxectar a nosa capacidade creativa en Portugal e no conxunto da Lusofonía, cunha vocación atlántica”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón 8 medidas urxentes para que o Concello actúe ante a situación “límite” da vivenda

A fronte nacionalista defenderá unha moción no Pleno municipal para dar resposta ao aumento do 50% dos alugueiros nos últimos 5 anos, cos prezos máis caros de Galiza

Demanda un parque municipal de vivendas a prezos asequíbeis, mobilizar as 18.500 vivendas desocupadas na cidade e frear a especulación dos pisos turísticos, entre outras

Xabier P. Igrexas: “O alcalde non pode seguir ollando para outro lado mentres cada vez máis familias traballadoras e mocidade non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo”

Ler novas
1679839887745

O BNG de Vigo acusa a Caballero de vandalizar a “Fiestra á Liberdade” que homenaxea a resistencia antifranquista

O monolito, instalado no Calvario, foi utilizado este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelios

Xabier P. Igrexas: “O desprezo pola memoria histórica é un insulto a todas as e os demócratas. E especialmente inaceptábel e ofensivo cando provén dun alcalde que se afirma progresista e que reivindica ter sido exiliado polo franquismo”

Ler novas
Clausura simbólica de VigoZoo do BNG e Galiza Nova

O BNG clausura de forma simbólica VigoZoo para reclamar que deixe de ser un “campo de exterminio” de animais

A fronte nacionalista esixirá no vindeiro Pleno a reprobación da concelleira de Medio Ambiente pola “opacidade” a respecto das 13 mortes de animais en circunstancias aínda por aclarar

Reitera a proposta de implementar a estratexia ZooXXI para reconvertelo nun centro de conservación de fauna e de sensibilización ambiental

Xabier P. Igrexas: “VigoZoo non conta hoxe nin co persoal nin cos medios necesarios para garantir a calidade de vida dos animais polo abandono do Goberno de Caballero”

Ler novas
Reunión do BNG de Vigo con representantes de Foanpas

O BNG denuncia graves deficiencias en 14 comedores escolares da Xunta en Vigo

A fronte nacionalista anuncia iniciativas no Parlamento galego diante das protestas das familias e das Anpas por “comidas frías, racións insuficientes e alimentos en mal estado” nos comedores de xestión indirecta que serven a 1.800 nenas e nenos da cidade

Carmela González: “Centos de nais e pais presentaron queixas á Xunta, responsábel de garantir a calidade alimentaria do servizo, e non recibiron resposta a ningunha delas”

Xabier P. Igrexas: “O BNG preguntámonos onde está a delegada da Xunta en Vigo, que non tivo reparos estes anos en pasear por todos os colexios públicos para facerse selfies”

Ler novas