Novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG

O BNG de Vigo urxe a fin do “abandono” do aeroporto de Peinador por parte do Goberno español

A fronte nacionalista esixe explicacións no Congreso, a través do deputado e portavoz nacionalista, Néstor Rego, polo terceiro peche da terminal a causa dunha fochanca

Afea a negativa do Goberno de PSOE e Unidas Podemos á emenda do Bloque para despregar un plan de dinamización do aeroporto vigués dotado con 2,5 millóns de euros

Xabier P. Igrexas: “Non ten ningunha xustificación que non se teña feito nin tan sequera o reasfaltado da pista que prometeu hai varios meses”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O BNG esixe que o alcalde rectifique o “veto sectario” na designación de Vigueses/as Distinguidas

A fronte nacionalista formula un voto particular para que “sexa o Pleno e non Abel Caballero” quen decida as distincións da cidade, após a exclusión “inxustificada” das tres propostas do Bloque: o colectivo ‘Os Ninguéns’, Carlota Pérez e Antonio Collazo

Denuncia tamén o veto á presenza da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) no acto de entrega previsto para este xoves

Xabier P. Igrexas: "Os galardóns da cidade non poden ser a medalla do 'aquí mando yo', teñen que representar a pluralidade e a diversidade de Vigo” 

Ler novas
Xabier P. Igrexas,  portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG insta a Caballero a esixirlle a Vitrasa a recuperación de todas as frecuencias e os horarios fixos

A fronte nacionalista critica que se aumente a subvención municipal á concesionaria mentras a compañía presta menos e peor servizo que antes da pandemia e insiste en precarizar as condicións laborais e salariais do seu persoal.

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “Non podemos premiar cada ano con case 13 millóns de euros de diñeiro público a unha empresa que presta menos e peor servizo á cidade”

Ler novas
Presentación do proxecto 'Fábrica Cultural Teis' do BNG de Vigo

‘Fábrica Cultural de Teis’, a proposta do BNG para crear un grande espazo para a creación artística en Vigo

A fronte nacionalista propón nun encontro con creadoras e creadores da cidade a rehabilitación da antiga fábrica de pinturas en Teis, abandonada e de titularidade municipal, para promover unha dotación pública para a cultura de 2 mil metros cadrados

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos con este proxecto pasarmos dunha cidade consumidora de cultura a unha cidade creadora de cultura”

Ana Pontón: “Hai que brindar un maior apoio e alento desde as administracións á creación cultural, nas súas máis diversas expresións e disciplinas”

Ler novas

O BNG propón designar como Vigueses/as Distinguidas ao colectivo ‘Os Ninguéns’, Carlota Pérez e Antonio Collazo

A fronte nacionalista defende estas propostas "sobradamente motivadas" polas súas achegas en favor da cidade e agarda que o alcalde non as “vete por sectarismo”, como sucedeu en anos anteriores.

Xabier P. Igrexas: “Os Vigueses/as Distinguidas son un recoñecemento do conxunto da cidade e non só do Goberno, polo que deben deben responder e respectar a pluralidade”

Ler novas
Foto: Vigozoo

O BNG traslada ao Parlamento galego a morte de varios animais en Vigozoo diante dos indicios de envelenamento

A fronte nacionalista esixe á Xunta e ao Concello que aclaren as actuacións realizadas após facerse públicas novas sospeitas sobre incumprimentos na conservación da fauna

Carmela González: “Se o Goberno galego ten indicios de que as condicións dos animais non están sendo as adecuadas, non pode deixar correr e ten que actuar”

Xabier P. Igrexas: “Hai que acabar dunha vez por todas con este modelo que converteu a Vigozoo nunha especie de cárcere de animais e que vai camiño de ser un tanatorio”

Ler novas