Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de bloquear o Debate sobre o Estado da Cidade por “covardía e autoritarismo”

A fronte nacionalista denuncia o “desprezo á pluralidade política e á democracia” do PSOE local por impedir a convocatoria deste debate proposto polo Bloque.

Anuncia unha campaña de axitación en redes sociais co lema #AbelQueremosDebate ante a negativa do alcalde a confrontar as diferentes alternativas políticas na cidade.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero non foi capaz en todo o mandato de debater ningunha das propostas e iniciativas do BNG nin do resto de forzas da oposición”.
Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo pide izar a bandeira LGBT no Concello e un maior compromiso coa diversidade sexual

A fronte nacionalista demanda medidas reais e efectivas a poucos días da celebración do Día do Orgullo, como campañas contra a violencia LGBTfóbica, un servizo de atención á diversidade sexual e un maior apoio ao tecido asociativo da comunidade LGBT.

Xabier P. Igrexas: “Somos unha cidade orgullosamente diversa, polo que reclamamos que desde o simbólico até o práctico o Concello de Vigo se comprometa de verdade”.

Ler novas
[Imaxe: Protección Civil Vigo]

O BNG urxe reforzar a Protección Civil de Vigo atendendo as demandas do persoal voluntario

A fronte nacionalista reclama ao Goberno municipal que actúe diante das dificultades e eivas que afectan ao servizo, dotándoo de máis recursos para o seu funcionamento.

Xabier P. Igrexas: “O abandono que padece por parte do goberno de Abel Caballero non é o xeito de corresponder o esforzo e o compromiso xenerosos das mulleres e homes que conforman o voluntariado”.

Ler novas
Abel Caballero saúda Roberto Ballesteros nunha foto de arquivo [Imaxe: Vigohoy]

O BNG reclama explicacións e desculpas de Caballero pola corrupción na Entidade Local Menor de Bembrive

A fronte nacionalista volve esixir ao rexedor e presidente local do PSOE que dea a cara por ter “patrocinado” a designación de Roberto Ballesteros como alcalde pedáneo, após o auto de ingreso en prisión.

Xabier P. Igrexas: “A nefasta e corrupta xestión do ex alcalde pedáneo e tamén do actual rexedor socialista, cunha causa xudicial aberta, teñen situado á Entidade Local Menor en risco de quebra”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas no almorzo informativo do BNG Vigo

O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

A fronte nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

Critica a negativa do alcalde, Abel Caballero, a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade proposto polo Bloque por “pura e dura covardía e desprezo cara á pluralidade”

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”

Ler novas
Acto do BNG diante da promoción da Sareb na rúa Aragón, en Vigo

BNG defende en Vigo a cesión dos inmóbeis da SAREB á Xunta para crear un parque público de vivendas

Néstor Rego: “Un parque público de vivendas que alivie a situación de demanda e que contribúa a regular o prezo das vivendas, así como dar solucións habitacionais a aquelas persoas que máis o necesiten”

Xabier P. Igrexas cualifica de “insoportábel” a situación da vivenda en Vigo e exemplifica as prácticas promovidas polo “banco malo” no caso das 155 vivendas que pretende vender a particulares na rúa Aragón.

Ler novas
Carmela González rolda Bosch

O BNG urxe á Xunta a impedir o ERE que ameaza 148 empregos no centro de chamadas de Bosch en Vigo

A fronte nacionalista anuncia iniciativas no Parlamento galego para evitar a deslocalización dos servizos que Vodafone presta en Bosch Vigo, tras manter un encontro co Comité de Empresa.

Carmela González: “O goberno de Rueda ten que facer valer os contratos millonarios que ten asinados con Vodafone para evitar que se destrúan máis postos de traballo na nosa cidade”.

Xabier P. Igrexas: “O BNG trasladamos ao persoal de Bosch o noso completo apoio e compromiso para actuar en todos os ámbitos para defender a continuidade do emprego”.

Ler novas