O BNG de Vigo demanda coñecer cantas vivendas protexidas se proxectan no Barrio do Cura tras o aumento de pisos autorizado polo Goberno local
A fronte nacionalista reclama información detallada sobre a modificación aprobada pola concelleira de Urbanismo para pasar de 157 a 181 novas vivendas nesta promoción VIP
Xabier P. Igrexas: “As viguesas e vigueses que están a padecer o grave problema da vivenda merecen saber cantas no Barrio do Cura se van ofrecer a prezos accesíbeis”