debate
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG acusa Abel Caballero de “covardía antidemocrática” por negarse a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade

A fronte nacionalista afea que o alcalde de Vigo volva rexeitar un ano máis a proposta de debate formulada polo Bloque: “Pouco se pode agardar dun rexedor que está máis cómodo como tertuliano televisivo que presidindo o máximo organismo de representación da cidade”

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, tacha de “cambio aparencial” o cambio no Goberno local para ascender á edil Ana Mejías: “O BNG imos seguir exercendo unha oposición firme pero construtiva, acompañando cada crítica e denuncia dunha alternativa en positivo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reta a Abel Caballero a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade

A fronte nacionalista demanda que se celebre un sábado deste mes de xuño, en horario de mañá no Auditorio Municipal e cun formato que permita réplicas de todos os grupos

Xabier P. Igrexas: “Fronte ao medo ou a xordeira autoritaria de Caballero, ten que prevalecer o dereito das viguesas e vigueses a que o alcalde responda sobre a desatención das necesidades reais da cidade”

Ler novas
Novas
Visita do BNG Vigo a Festa Brincadeira

Xabier P. Igrexas: “A ausencia de Caballero no debate electoral sería un plantón covarde ás viguesas e vigueses”

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo interpela o cabeza de lista do PSOE para que acuda ao primeiro debate electoral, convocado pola CRTVG este luns 15 de maio

A candidatura nacionalista visitou este sábado a festa da Brincadeira en Bouzas e realizou un reparto informativo nos aledaños de Balaídos para compartir a súa alternativa política de cara ás municipais do 28 de maio

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de bloquear o Debate sobre o Estado da Cidade por “covardía e autoritarismo”

A fronte nacionalista denuncia o “desprezo á pluralidade política e á democracia” do PSOE local por impedir a convocatoria deste debate proposto polo Bloque.

Anuncia unha campaña de axitación en redes sociais co lema #AbelQueremosDebate ante a negativa do alcalde a confrontar as diferentes alternativas políticas na cidade.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero non foi capaz en todo o mandato de debater ningunha das propostas e iniciativas do BNG nin do resto de forzas da oposición”.
Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no almorzo informativo do BNG Vigo

O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

A fronte nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

Critica a negativa do alcalde, Abel Caballero, a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade proposto polo Bloque por “pura e dura covardía e desprezo cara á pluralidade”

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reta a Abel Caballero a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade fronte o seu continuo monólogo

A fronte nacionalista propón celebrar por primeira vez este Debate para contrastar as distintas alternativas políticas na cidade ante a “permanente devaluación” dos Plenos municipais por parte do alcalde, que se ausenta de maneira reiterada das sesións.

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza de Vigo ten dereito a coñecer as diferentes posicións das catro forzas políticas que conformamos a Corporación, porque o BNG si temos un proxecto de cidade con propostas concretas e cun afán construtivo”.

Ler novas