O BNG de Vigo emenda as ordenanzas fiscais de Caballero para reducir os impostos aos fogares con menos ingresos
A fronte nacionalista formula 43 emendas á «insuficiente» revisión presentada polo Goberno local para avanzar cara unha fiscalidade municipal «máis xusta» no actual contexto de agravamento da crise
Exencións e bonificacións das principais taxas municipais, un plan de pago para fraccionar o abono e maior presión fiscal para grandes empresas, bancos e casas de apostas, entre as medidas propostas polo Bloque
Xabier P. Igrexas: «O mesmo Abel Caballero que se apunta ao Ayusismo fiscal di que non a todas estas medidas que buscan aliviar a situación límite de moitos fogares»