O BNG de Vigo iniciará unha rolda de contactos co tecido asociativo e visitas aos barrios para abordar o novo PXOM
A fronte nacionalista critica a posición “contraditoria” do alcalde que expresou vontade a dialogar pero vetou as dúas emendas do Bloque que procuraban blindar a participación e a transparencia.
Xabier P. Igrexas: “Imos escoitar a cidade para empurrar, sumando e tecendo consensos, un PXOM de todo Vigo e non só do embigo do Goberno de Abel Caballero”.