Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre Vigo e Porto para 2030

A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o PP se limitou a votar a prol

O Bloque insta o Goberno español a reclamar unha rectificación da Comisión Europea, que relega a Saída Sur para priorizar a conexión ferroviaria entre Lisboa e Madrid

Xabier P. Igrexas: “Este novo veto non nos vai frear o BNG á hora de seguir esixindo dende Vigo, dende Madrid e dende Bruxelas que a Saída Sur sexa realidade no 2030”

Ler novas
Xabier P. Igrexas e Filipe Abalde (esq) reunidos co Comité de Persoal do Concello Vigo

O BNG de Vigo urxe unha "emenda á totalidade" á nefasta política laboral do Concello

A fronte nacionalista mantivo un encontro co Comité de Persoal para poñer en común a situación laboral do Concello

Critican a inexecución das Ofertas Públicas de Emprego, a crecente privatización dos servizos municipais e o colapso no departamento de Recursos Humanos

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero é o campión das privatizacións, o seu Goberno en lugar de gobernar limítase a xestionar licitacións que poñen no peto de empresas privadas 2 de cada 3 euros do orzamento municipal”

Ler novas

O BNG propón unha Semana da Literatura para converter Vigo na grande cidade galega do libro

A fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade

Chama a potenciar a actual Feira do Libro, convocar un certame literario municipal e promover a organización dun Forum Editorial con vocación internacional

Ana Martínez: “De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das nosas grandes autoras e autores, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas”

Ler novas
Aviso sobre a auga no IES de Beade

O BNG reclama actuacións urxentes no IES de Beade, sen auga potábel dende hai medio ano

A fronte nacionalista esixe que a Xunta de Galiza, como responsábel do centro, e o Concello, como titular da rede de subministro, resolvan esta situación que causa un “evidente prexuízo” na comunidade educativa

Xabier P. Igrexas: “O IES de Beade está asumindo o gasto de auga embotellada para as arredor de 500 alumnas e alumnos pola falla de resposta dos Gobernos galego e local”

Ler novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG esixe a intervención da Xunta diante da gravísima situación nas ambulancias do 061 na área de Vigo

A fronte nacionalista urxirá no Parlamento galego que a Xunta actúe rescatando a concesión en mans de Ambulancias do Atlántico, garantindo o pago de salarios e provedores e investigando o uso dos recursos públicos recibidos pola concesionaria

Montse Prado: “Non podemos permitir que a saúde e a vida da veciñanza da área sanitaria de Vigo estea permanentemente en risco, a Xunta ten que deixar de poñer parches e actuar con contundencia”

Xabier P. Igrexas: “Este é tamén o legado da xestión do último conselleiro de Sanidade, hoxe relevado, Julio García Comesaña, que se negou a meter man en algo tan serio e grave como as condicións nas que se atenden as emerxencias sanitarias”

Ler novas

O BNG comprométese a ser a “primeira liña de defensa” de Vigo fronte ao abandono do PP na Xunta

As deputadas e o deputado do Bloque pola cidade Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova trasladan as principais liñas de actuación da fronte nacionalista durante a nova lexislatura no Parlamento galego

Presentan alternativas fronte ao problema de acceso á vivenda, para a reactivación produtiva e industrial e contra a privatización sanitaria, entre outras prioridades

Xabier P. Igrexas: “Van ser a voz firme para combater as políticas do PP de Rueda, empurrando co liderado do BNG o cambio galego para que Vigo teña un Goberno aliado”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG alerta do risco de que as ludotecas municipais de Vigo pechen a partir de xuño

A fronte nacionalista denuncia que non se iniciou unha nova licitación para a xestión do servizo de ludotecas a menos de dous meses para a fin da segunda prórroga do contrato

Xabier P. Igrexas: “Falamos dun servizo de enorme importancia que atende arredor dun centenar de crianzas por xornada, e que xa se desenvolve nunhas condicións precarias pola falla de vontade e compromiso do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a un parque público en Vigo

A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que ten na cidade a usos sociais, ante o grave problema de acceso á vivenda, en lugar de poñelos á venda

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que unha sociedade participada maioritariamente polo Estado, e cuxos activos proveñen do mil millonario rescate á banca privada con recursos públicos, pretenda agora facer caixa xogando á especulación inmobiliaria”
Ler novas
Concerto en Castrelos

O BNG chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses nos concertos de Castrelos

A fronte nacionalista critica a “opacidade e o carácter discrecional” da decisión sobre quen actúa no auditorio e pide incluír bandas locais como teloneiras en lugar do “mitin de autobombo” do alcalde

Ana Martínez: “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello excluíndo estes grupos ano tras ano da programación”

Ler novas