Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG denuncia un novo recorte de frecuencias en Vitrasa coa fusión das liñas 8 e 9A

A fronte nacionalista pide que o goberno de Abel Caballero aclare se autorizou a nova liña “A” anunciada pola concesionaria de bus urbano, que supón unha redución de 30 frecuencias diarias e alargar o percorrido até unha hora e media.

Xabier P. Igrexas: “Esta decisión de Vitrasa consolida e agrava os recortes no servizo de bus que xa se viñan aplicando nos últimos meses e anos”.

Ler novas
foto vigoe

O BNG de Vigo esixe que o Goberno local aclare cal é o seu modelo para as Zonas de Baixas Emisións

A fronte nacionalista denuncia falla de avances e opacidade sobre esta medida e advirte de que “a solución non pasa por facer unha mala copia de modelos como Madrid Central”.

Xabier P. Igrexas: “O BNG estamos a elaborar xa unha alternativa propia baixo a premisa de avanzarmos cara un Vigo máis sustentábel e unha mobilidade alternativa, e non só con medidas restritivas nalgúns puntos da cidade”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas con representantes do Comité de Empresa de Vitrasa

O BNG de Vigo propón estudar a creación dunha empresa municipal que xestione o servizo de bus urbano

A fronte nacionalista reitera a necesidade de que o goberno de Abel Caballero actúe de forma urxente ante o risco de quebra que alega Vitrasa e a pretensión de reducir un 40% os salarios do persoal, tras manter un encontro con representantes do Comité de Empresa.

Acusa á empresa concesionaria de prácticas de enxeñería contábel e de non ter acreditado as presuntas perdas millonarias malia percibir o ano pasado unha subvención directa de 13 millóns de euros do Concello.

Xabier P. Igrexas: “As boas palabras do Goberno municipal non van frear este evidente abuso laboral, o único que van é seguir consentindo as prácticas de Vitrasa”.

Ler novas
Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG reclama á Xunta que rectifique o plan de Navia para crear un parque público de vivendas en Vigo

A fronte nacionalista presenta unha iniciativa no Parlamento galego para urxir cambios no proxecto, que só garante 80 vivendas de promoción pública das 1.600 previstas pese a elevada demanda e os prezos disparados de aluguer e compravenda.

Alexandra Fernández: “Está en xogo o futuro modelo de vivenda en Vigo, pode ser unha oportunidade histórica para termos un necesario parque público de vivendas ou outra oportunidade perdida”.

Xabier P. Igrexas: “Esta actuación, a única do Goberno galego do PP en materia de vivenda en Vigo, ten que servir para frear o encarecemento que está a expulsar a miles de viguesas e vigueses a outros concellos”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo critica o voto negativo no Pleno de PSOE e PP a actuar de forma urxente contra a suba dos prezos

A fronte nacionalista lamenta que ambas formacións rexeitaran a moción para esixir que o Goberno español e a Xunta tomen medidas fronte a carestía da vida provocada polo incremento disparado da inflación.

Xabier P. Igrexas: “O BNG temos que afirmar que si hai alternativa, políticas posíbeis que só esixen de vontade política para asegurar que esta agudización da crise non se convirta nun novo saqueo contra a maioría social”.
Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pedirá no Pleno que o Goberno español e a Xunta actúen xa contra a escalada da inflación

A fronte nacionalista presentará unha moción con dez medidas “concretas, posíbeis e verificábeis” para protexer o pobo e o emprego da suba disparada dos prezos fronte a inacción demostrada por ambos gobernos.

Xabier P. Igrexas: “Diante dos gravísimos efectos que a nivel social está a ter a escalada da inflación, desde o BNG expresamos con rotundidade que si hai alternativa e que esta pasa por unha enérxica e decidida intervención pública”.

Desde o Bloque lamentan que PSOE e PP utilicen de forma “infame” a guerra na Ucraína impoñendo no Concello de Vigo a mesma declaración institucional que non prosperou no Parlamento galego, mentres rexeitan a proposta nacionalista aprobada en varias deputacións e concellos.

Ler novas