O BNG esixe medidas urxentes do Goberno español e da Xunta fronte a suba dos prezos
A fronte nacionalista presenta en Vigo dez propostas para enfrontar a “insoportábel” situación de carestía mentres o executivo central de PSOE-Unidas Podemos e o galego do PP continúan instalados na parálise.
Carmela González: “Hai que tomar medidas para rebaixar a cesta da compra, como reducir o IVE dos alimentos básicos, os produtos do mar, de hixiene persoal e feminina, o transporte público, a electricidade e o gas”.
Xabier P. Igrexas: “Non nos podemos resignar a que este agravamento da crise se traduza nun novo saqueo en contra da maioría social que representan as clases populares e traballadoras do noso País”.