Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo pide deixar fóra da Zona de Grande Afluencia Turística os centros e grandes áreas comerciais da cidade

A fronte nacionalista demanda que a definición da ZGAT, obrigatoria legalmente, sexa o “máis restrinxida e limitada” e que se consensúe coas organizacións sindicais.

Consideran un bo punto de partida a proposta unitaria feita en 2016 por CIG, CCOO e UGT para limitar a zona ao Casco Vello, deixando fóra o ámbito da Laxe. 

Xabier P. Igrexas: “O que menos precisa o pequeno comercio, que é o que xera postos de traballo e vertebra economicamente a cidade, é que se lle dea barra libre horaria a grandes centros comerciais”

Ler novas
Atasco na Gran Vía de Vigo (Imaxe: Vigoé)

O BNG urxe medidas polo agravamento dos atascos en Vigo e chama a potenciar o servizo de bus urbano

A fronte nacionalista ve necesario un novo modelo de mobilidade que ofreza alternativas de transporte ao vehículo privado ante o fracaso das políticas actuais.

A veciñanza de Vigo padece até 46 horas ao ano de retencións que producen ademais un incremento importante da contaminación acústica e ambiental.

Xabier P. Igrexas: “O  goberno de Abel Caballero ten que reaccionar e recoñecer que os plans para desconxestionar o tráfico non están a funcionar e é necesario corrixilos”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas no Pleno de Vigo

O BNG critica que os remanentes de Vigo acaben só en inauguracións a pesar das súas propostas

A fronte nacionalista formulou emendas á modificación orzamentaria, obxecto de debate este mércores no Pleno, para destinar máis recursos a políticas de emprego e vivenda, apoiar o comercio local, crear novas escolas infantís e bibliotecas, recuperar os programas de dinamización xuvenil e enfrontar a pobreza enerxética e a soidade.

Xabier P. Igrexas: “Os remanentes son resultado da continuada inexecución orzamentaria do goberno de Abel Caballero e non dunha xestión eficiente das contas da cidade”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG propón declarar o 23 de febreiro como día de Rosalía de Castro en Vigo

A fronte nacionalista presentará unha moción ao Pleno de febreiro, elaborada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), para poñer en valor a figura da escritora con actividades de promoción da súa obra.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, reclama que o Goberno municipal garanta un compromiso efectivo do Concello como axente a favor da normalización plena do galego na cidade.

Ler novas
Imaxe: twitter @Avelaia2

O BNG esixe explicacións a Xunta e Concello de Vigo sobre as obras de Porta do Sol e Elduayen

A fronte nacionalista rexistra unha batería de preguntas no Parlamento galego para que a Xunta aclare que medidas ten adoptado para protexer o patrimonio histórico afectado.

Alexandra Fernández: “Estamos ante un cúmulo de actuacións de dubidosa legalidade que evidencian unha falta de dilixencia para facer cumprir co maior respecto a normativa”.

O concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, reclamará transparencia no próximo Pleno, após ter negado o Goberno municipal o acceso aos informes arqueolóxicos.

Ler novas

O BNG cualifica de “tomadura de pelo” a falsa reapertura do VigoSónico e denuncia a opacidade do Goberno

A fronte nacionalista denuncia que o Goberno de Caballero non ofrece ningunha explicación e esta a negarlles ilegalmente o acceso a 9 expedientes municipais relacionados co espazo xuvenil.

A concellaría de Xuventude vén de trasladarlle aos grupos musicais que os locais de ensaio seguirán sen funcionar despois de prometer a súa reapertura.

Xabier P. Igrexas: “Estamos diante dunha inaceptábel tomadura de pelo por parte de Caballero aos grupos musicais da cidade e ao conxunto da mocidade de viguesa. Que se deixen de contos e propaganda e reabran o Vigosónico xa”.

Ler novas
Acción do BNG en Puxeiros para reclamar unha A-55 segura

O BNG chama a corrixir o trazado “mortal” da A-55

A fronte nacionalista realiza unha acción simbólica para reclamar que se tomen medidas para garantir a seguridade nesta vía con elevados índices de sinistralidade.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia que Abel Caballero quere “vestir de nova autovía a imposición do vial PO-010” e reitera a demanda do Bloque para liberar de peaxes no conxunto da AP-9.

O portavoz nacionalista en Mos, Gustavo Barcia, subliña que a modificación do trazado é unha demanda histórica que os sucesivos gobernos españois, de PP e PSOE, continúan a ignorar malia os compromisos adquiridos.

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide destinar os remanentes a atender as necesidades reais da cidade e non só a “cemento inaugurábel”

A fronte nacionalista formula dez emendas para sumar outros 25 millóns de euros que permitan incrementar as políticas de emprego e vivenda, apoiar o comercio local, crear novas escolas infantís e bibliotecas e enfrontar a pobreza enerxética e a soidade.

Xabier P. Igrexas: “O BNG presentamos emendas en positivo para atender as necesidades reais das viguesas e vigueses fronte a ese modelo de grandes inauguracións que defende o goberno de Abel Caballero”.

Ler novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo

O BNG de Vigo propón un plan de choque para enfrontar a crecente pobreza enerxética

A fronte nacionalista considera insuficientes as medidas adoptadas polo Concello para protexer os miles de fogares afectados polo incremento “inaceptábel” da tarifa eléctrica.

Xabier P. Igrexas: “A única medida concreta que ten despregado o Goberno municipal é un convenio con Naturgy de apenas 50mil euros para a mellora da eficiencia enerxética do que só se poden beneficiar un máximo de 25 fogares”.

Ler novas