O BNG de Vigo critica que o alcalde “amordazase” a veciñanza de Bembrive impedíndolle intervir no Pleno
Abel Caballero negouse a que a Plataforma Bembrive en Pé puidese intervir na sesión extraordinaria sobre a nova A-52 a pesar de que o regulamento o permite
Critican a posición “cínica e inconsistente” do PP que, no fondo, coincide co PSOE en defender a ampliación da autovía
A fronte nacionalista insistiu en defender a alternativa real da liberación da peaxes da AP-9
Xabier P. Igrexas: “Non hai nada máis macarra, non hai peor matonismo político, que utilizar a presidencia do Pleno para impedir que a veciñanza poida falar”