alternativa
Novas
Pegada de inicio da campaña electoral do BNG de Vigo

O BNG arranca a campaña electoral sen límites para sumar as moitas viguesas e vigueses que saben e senten que ‘Vigo merece máis’

A fronte nacionalista encara con “entusiasmo e optimismo” as eleccións municipais tendendo a man a toda a veciñanza para empurrar o seu proxecto “aberto e en positivo para levar a cidade máis alá”

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “As viguesas e vigueses teñen a oportunidadede escoller entre quen só pode ofrecer máis do mesmo ou apostar por unha alternativa que abra un tempo novo na maior cidade de Galiza”

Sobre o barómetro do CIS, o cabeza de lista destaca que o Bloque é a “forza á alza” en Vigo e asegura que van ser a “grande sorpresa o 28 de maio”

Ler novas
Novas
Encontro do BNG Vigo con Movementos Sociais e Asociacións Veciñais o pasado novembro

O BNG de Vigo presenta 83 alternativas aos orzamentos municipais de 2023 ante o “catálogo propagandístico” de Caballero

A fronte nacionalista formula emendas parciais aos presupostos do grupo socialista nas que recolle propostas e demandas da veciñanza, tras manter un Encontro Aberto con movementos sociais e entidades veciñais

Acusa ao Goberno municipal de “xordeira autoritaria” por elaborar de novo sen diálogo unhas contas que non dan respostas á crise e perpetúan o abandono dos barrios

Xabier P. Igrexas: “O BNG somos o única forza política que presenta alternativas concretas aos orzamentos, na certeza de que a cidade precisa solucións e non apenas críticas ou queixas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no almorzo informativo do BNG Vigo

O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

A fronte nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos de mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

Critica a negativa do alcalde, Abel Caballero, a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade proposto polo Bloque por “pura e dura covardía e desprezo cara á pluralidade”

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”

Ler novas