árbores
Novas
Calexón do Balado hoxe e antes

O BNG critica un novo arboricidio no centro de Vigo do alcalde-leñador Abel Caballero

A fronte nacionalista denuncia a talla de árbores durante o reinicio das obras no Calexón do Balado, entre as rúas Rosalía de Castro e Areal, a pesar das protestas veciñais

Xabier P. Igrexas: “A visión gris cemento do alcalde está a impedir que Vigo avance cara ao futuro máis verde que todas e todos merecemos”

Ler novas
Novas
Árbores Canido (Foto: Vigoé)

O BNG de Vigo esixirá que o Concello actúe fronte a vandalización de varias árbores no paseo de Canido

 A fronte nacionalista dará traslado das demandas da veciñanza que levan semanas advertindo de accións en contra de varios exemplares, situados diante dunha nova urbanización

Critican o “moi deficiente control e mantemento” do arboredo da cidade e denuncian que o Goberno municipal inda non rectificou o “chapuceiro plan anual de poda que abre a a porta ao arboricidio”

Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal non pode seguir facendo a vista gorda mentres hai quen quere acabar con árbores de grande porte en Canido porque restan vistas a unha nova urbanización VIP” 

Ler novas
Novas
Navia

O BNG de Vigo reclama explicacións ao Goberno municipal pola ameaza de novas tallas de arboredo

A fronte nacionalista interpelará na Comisión Informativa de Parques e Xardíns sobre a retirada prevista de exemplares de grande porte por causa das humanizacións do calexón do Balado, nas inmediacións de Rosalía de Castro, e na rúa Teixugueiras, en Navia

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero segue sen comprender que as árbores non son postes decorativos, nin son mobiliario urbano, senón que son unha parte esencial do ecosistema urbano. Son imprescindíbeis para que a cidade respire”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demanda naturalizar con arboredo a Porta do Sol

A fronte nacionalista reclama ao Goberno municipal que non condene o quilómetro cero da cidade a un “ermo gris onde o único mobiliario son macroterrazas privadas da hostalaría”

Xabier P. Igrexas: “Temos a oportunidade de dotar o centro dun grande espazo público para o xogo seguro das crianzas, o lecer das persoas maiores e o desfrute das viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
[Imaxe-@zonavigocentro]

O BNG de Vigo urxe a retirada do alumeado de nadal das árbores

A fronte nacionalista critica o “desleixo e desprezo arboricida” do Goberno municipal por manter as luces instaladas un mes despois do seu apagado

Xabier P. Igrexas: “A piques de encetar o entroido, Abel Caballero continúa estrangulando as árbores da cidade co seu alumeado de nadal”

Ler novas