O BNG pide que a Xunta deixe de mentir e garanta o instituto de Navia para o curso 2023-2024
A fronte nacionalista presenta novas iniciativas no Parlamento galego para urxir ao goberno do PP a cumprir a promesa dun centro de ensino público no barrio vigués.
Alexandra Fernández: “A Xunta leva anos recoñecendo que o instituto é unha necesidade pero segue sen asignar un orzamento que permita sacalo adiante”.
Xabier P. Igrexas: “A situación que vive o barrio de Navia é unha evidencia máis da clamorosa política de abandono que a Xunta practica contra a maior cidade de Galiza”.