nadal
Novas
Atasco no Nadal de Vigo (foto:metropolitano.gal)

O BNG critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que colapsou Vigo polo Nadal

A fronte nacionalista demanda acceso ao plan de tráfico “pantasma” anunciado polo alcalde do que non existe ningún documento nin figura na páxina oficial do Concello

Afea a chamada do rexedor a usar o bus urbano cando se prevén recortes no servizo así como a falla de medidas para asegurar a áxil circulación dos servizos de emerxencias

Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva ser un caos colosal, garantindo a mobilidade, seguridade, convivencia e respecto aos dereitos da veciñanza”

Ler novas
Novas
Colapso de tráfico no Nadal (Foto:Vecinos-zona-centro-Vigo)

O BNG pregunta ao Goberno de Caballero que medidas vai tomar para evitar un novo “caos” no Nadal de Vigo

A fronte nacionalista pide coñecer os plans do Goberno local para garantir o cumprimento da normativa de ruídos, evitar o caos de tráfico e asegurar o paso de vehículos de emerxencia

Xabier P. Igrexas: “O documento aprobado como ‘programación de Nadal’ non recolle ningunha das propostas de diferentes servizos municipais nin da veciñanza afectada”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo, co expediente do Nadal 2024

O BNG de Vigo tacha de paripé o deseño do Nadal 2024: “Caballero non ten ningunha intención de resolver as graves incidencias de anos anteriores”

A fronte nacionalista revela que o documento aprobado polo Goberno local é o mesmo que o borrador inicial, sen incorporar ningunha das medidas propostas por até 10 servizos municipais e sen atender as demandas da veciñanza afectada

Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva converterse nun calvario inseguro e insoportábel para a cidade se o alcalde deixa atrás a súa soberbia autoritaria”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo denuncia a ocultación do expediente sobre o deseño do Nadal de 2024

A fronte nacionalista alerta de que o Goberno municipal aínda non facilitou acceso a esta documentación, malia ser obrigatorio despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase este pasado venres a programación

Xabier P. Igrexas: “Por máis que Abel Caballero se apunte á desinformación acusándonos de ser unha especie de Grinch, a posición do BNG é desde o inicio tan clara como rotunda: Nadal si, por suposto que si, pero non así”

Ler novas
Novas
Colapso de tráfico no Nadal (Foto:Vecinos-zona-centro-Vigo)

O BNG de Vigo esixe ao Goberno de Caballero que se desculpe coa veciñanza e rectifique o deseño do Nadal

Tras a sentenza do TSXG que condena ao Concello por vulnerar dereitos fundamentais, a fronte nacionalista reclama un plan que evite que o Nadal vigués volva ser un “caos inseguro e insoportábel” e que se respecte a normativa de ruídos, ambiental e patrimonial

Xabier P. Igrexas: “Esta sentenza demostra que o ‘parque temático’ do Nadal de Caballero vulnera os dereitos das viguesas e dos vigueses”

Ler novas
Novas
Atasco nos accesos de Vigo o pasado venres 1 de decembro

O BNG de Vigo rexeita as “acusacións delirantes e as medidas improvisadas” do Goberno municipal sobre o tráfico do Nadal

A fronte nacionalista advirte de que o “perímetro de restrición de vehículos” anunciado hoxe non soluciona o problema, reitera a demanda de aparcamentos disuasorios e lanzadeiras de bus e esixe que se poña fin a ilegalidade de encomendar a persoal voluntario o control do tráfico

Xabier P. Igrexas:  “A estratexia da avestruz, se non se rectifica, vai converter as vindeiras semanas nunha agonía para a veciñanza, cunha cidade insegura, intransitábel e inhabitábel”

Ler novas
Novas
Retencións quilométricas na cidade [Imaxe: Vigoé]

O BNG de Vigo demanda unha reunión urxente da Comisión de Seguridade despois do “caos perigosísimo” deste venres

A fronte nacionalista esixe modificar as medidas de seguridade e tráfico diante do “rotundo fracaso” dos plans anunciados polo  Alcalde para evitar que o Nadal se converta nunha “agonía de seis semanas” que faga a cidade intransitábel, inhabitábel e insegura

Xabier P. Igrexas: “O desgoberno de Abel Caballero é unha ameaza para a seguridade pública”

Ler novas