O BNG de Vigo acusa ao alcalde de converter o tráfico da cidade nun “vía crucis” por falla de planificación
A fronte nacionalista urxe a poñer solucións ao “perigosísimo caos” como aparcamentos disuasorios, reforzos do transporte público, da Policía Local e Protección Civil
Xabier P. Igrexas: “Esta situación non é resultado da falla de previsión, xa que o Goberno de Caballero promoveu deliberadamente ateigar a cidade con millares de visitantes, o que non fixo foi planificar nin o tráfico nin o dispositivo de seguridade”
_En relación á inadmisión do recurso da Panificadora, o BNG traslada o apoio ás medidas que permitan “recuperala para a cidade fronte á cobiza especulativa”