deportes
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo lamenta que PP e PSOE impedisen un acordo unánime esixindo explicacións e responsabilidades á RFEF polo Mundial

A fronte nacionalista defendeu no Pleno que se esixan máxima transparencia e depuración de responsabilidades polas irregularidades detectadas na baremación da RFEF

Xabier P. Igrexas: “PSOE e PP prefiren o ruído que un acordo en chave de cidade, uns utilizando este escándalo para tentar cargar contra a Xunta e outros insistindo en poñer en dúbida a candidatura de Vigo”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo defenderá no Pleno un acordo unánime para esixir explicacións polo escándalo da baremación das sedes do Mundial de fútbol

A fronte nacionalista traslada unha emenda ás mocións do PSOE e do PP para posibilitar un acordo de toda a Corporación evitando a utilización do asunto como arma na súa permanente “lea partidista”

Xabier P. Igrexas:
“As graves irregularidades que se teñen constatado merecen de explicacións que a Federación Española de Fútbol aínda non ofreceu”
Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo urxe paralizar o desaloxo do club de remo Virxe da Guía e garantir un local alternativo

A fronte nacionalista critica a expulsión ordenada por Zona Franca do local que cedeu ao club deportivo na ETEA, após os graves danos na súa sede na Punta do Areiño

Filipe Abalde: “É incomprensíbel que o Goberno local, a pesar de coñecer a situación, non teña movido un só dedo para evitar que queden literalmente na rúa dentro de 72 horas”

 
Ler novas
Novas
Continúan as pingueiras no pavillón Quirós

O BNG de Vigo denuncia as deficiencias e mal funcionamento do pavillón de Quirós en Sárdoma

A fronte nacionalista sinala que a falla de mantemento nunha instalación inaugurada hai dous anos fai que continúen as pingueiras ou que non haxa auga quente nos vestiarios, e denuncia a non reposición de mobiliario e elementos deportivos defectuosos e a insuficiencia de horarios de apertura

Filipe Abalde: “O Goberno de Caballero anda moi lixeiro para a foto e as infografías, pero son enormemente lentos para resolver cuestións como garantir que haxa auga quente nuns vestiarios, isto é o que lle importa en realidade o deporte de base”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo denuncia que a piscina das Travesas segue pechada malia o anuncio de reapertura en setembro

A fronte nacionalista esixe o Goberno local que explique os motivos da demora e informe cando abre a instalación deportiva, após un verán no que Vigo só contou cunha piscina municipal aberta

Filipe Abalde: “As persoas usuarias das Travesas atopáronse sen ningún aviso previo que a piscina segue pechada, sendo derivadas a Lavadores e Valadares onde hai saturación”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG denuncia que Vigo só contará con dúas piscinas municipais abertas durante o verán

A fronte nacionalista urxe concretar os prazos para a reapertura da piscina de Teis e pide ampliar horarios no resto de instalacións así como bonificacións ás persoas que se vén obrigadas a desprazarse a outros barrios

Filipe Abalde: “Ao Goberno municipal non lle importa o deporte como demostra a partida ridícula de 270 mil euros para mantemento das instalacións deportivas que, aínda por riba, queda sen exectuar ano tras ano”

Ler novas