O BNG elabora unha lei na que propón reverter as axudas públicas ás empresas que se deslocalicen
Pontón avanza en Vigo unha proposición de lei para afianzar a implantación e permanencia empresarial que o Bloque levará á Cámara
Avoga por recuperar as subvencións cos xuros máis unha penalización do 25% para as compañías que, sendo rendibles, se trasladen fóra de Galiza
O texto lexislativo inclúe que, para a concesión de axudas públicas, as empresas deben comprometerse a manter a produción no País
“É un disparate que financiemos a destrución de emprego dando cartos públicos a empresas que despois se deslocalizan”, alega