O BNG esixe transparencia á Xunta sobre o novo contrato singular con Povisa na área sanitaria de Vigo
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Parlamento galego ante a opacidade do PP na negociación do novo acordo co hospital privado, tras varias prórrogas sen xustificación
Montse Prado: “Son os donos deste hospital privado, unha multinacional con sede en Luxemburgo e Francia, os que están decidindo e poñendo as condicións ao Sergas”
Xabier P. Igrexas: “Non imos aceptar que a Xunta do PP continúe a impoñer unha atención sanitaria a dúas velocidades con peores prestacións en Povisa que na pública”