vitrasa
Novas
SAVE_20191120_181712

O BNG de Vigo insta o Goberno municipal a esixir as máximas medidas preventivas nos autobuses en lugar de preparar unha indemnización millonaria a Vitrasa

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser que un servizo municipal, que custa moitos millóns de euros das viguesas e dos vigueses, non estea a cumprir coas medidas de prevención e as garantías sanitarias en medio dunha pandemia”.

A fronte nacionalista chama a abrir o debate sobre a necesaria remunicipalización do servizo e reitera o seu rexeitamento ao ERTE aplicado por Vitrasa.

Ler novas
Goberno local
20190131_FOTO_RoldaEPA+Vulcano

O BNG demanda participación e transparencia para potenciar o autobús en Vigo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia a opacidade coa que o Goberno municipal está a elaborar o novo prego de concesión.
  • A fronte nacionalista critica a “consulta farsa” aberta polo Concello en pleno mes de agosto para regular o servizo.

 

  • Igrexas iniciará unha rolda de contactos coas asociacións veciñais, o Comité de Empresa da actual concesionaria e o movemento ecoloxista para poñer en común a aposta do BNG por “revolucionar a mobilidade en Vigo”.
Ler novas
Goberno local
EnquisaVitrasa01

O BNG critica a enquisa “paripé” de Vitrasa e demanda unha auditoría municipal do servizo de autobús urbano

  • A enquisa que se está a realizar nos últimos días nos autobuses urbanos de Vigo non pregunta ás persoas usuarias sobre frecuencias, horarios, traxectos, tarifas ou a comodidade e seguridade da viaxe. 
  • O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, demandou ao Goberno municipal que poña en marcha unha auditoría municipal do servizo “para coñecer as importantes melloras que necesita”
Ler novas
Actualidade

Urxe retomar o diálogo para implantación do transporte metropolitano en Vigo

O fallo xudicial que obriga ao Concello de Vigo a suprimir a restrición do empadroamento para acceder á recén implantada tarxeta do transporte urbano de Vigo (PassVigo), vén a ratificar o despropósito da actuación do goberno de Abel Caballero, resultado dunha política de confrontación de carácter personalista coa Xunta de Galiza que ten ocasionando graves perxuízos á veciñanza tanto de Vigo como dos concellos limítrofes.A falla de capacidade de entendemento entre ambas as dúas administración tería convertido en papel mollado o convenio subscrito o 6 de xullo de 2016 para a integración do transporte urbano de Vigo no transporte metropolitano.

Ler novas