vivenda
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG demanda actuar diante do aumento de pisos turísticos en Vigo, que superan as vivendas libres en alugueiro

A fronte nacionalista interpelará ao Goberno municipal na Xerencia de Urbanismo para que adopte medidas que freen este “fenómeno especulativo” que encarece as vivendas.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar impasíbeis diante desta situación que expulsa a millares de familias da nosa cidade porque non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo”.

Ler novas
Novas
Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG reclama á Xunta que rectifique o plan de Navia para crear un parque público de vivendas en Vigo

A fronte nacionalista presenta unha iniciativa no Parlamento galego para urxir cambios no proxecto, que só garante 80 vivendas de promoción pública das 1.600 previstas pese a elevada demanda e os prezos disparados de aluguer e compravenda.

Alexandra Fernández: “Está en xogo o futuro modelo de vivenda en Vigo, pode ser unha oportunidade histórica para termos un necesario parque público de vivendas ou outra oportunidade perdida”.

Xabier P. Igrexas: “Esta actuación, a única do Goberno galego do PP en materia de vivenda en Vigo, ten que servir para frear o encarecemento que está a expulsar a miles de viguesas e vigueses a outros concellos”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG esixe un cambio profundo do novo PXOM de Vigo para que responda ás necesidades reais da cidade

A fronte nacionalista presenta 29 alegacións ao proxecto de Plan Xeral, froito dos encontros mantidos coa veciñanza, entre as que destacan a retirada do vial PO-010 en Beade e Bembrive, someter o Plan a unha segunda exposición pública e a necesidade de reverter a situación de centos de vivendas que quedarían fóra de ordenación.

Xabier P. Igrexas: “Se o PSOE non escoita as demandas veciñais vai volver quedar só impoñendo un PXOM que a cidade non quere e que non responde ás necesidades dos barrios e parroquias”.

Ler novas
Novas

O BNG reclama que o Concello de Vigo facilite o acceso á vivenda ante os prezos “inasumíbeis” de aluguer e venda

A fronte nacionalista demanda a posta en marcha dun Plan municipal de Vivenda e critica que o goberno de Abel Caballero non teña feito unha soa vivenda protexida.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos seguir sendo unha cidade que expulsa cada ano a centos de vigueses e viguesas a outros concellos da nosa área porque non se poden permitir o luxo de vivir no seu propio municipio”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo urxe mobilizar a vivenda desocupada na cidade para facilitar prezos accesíbeis

A fronte nacionalista reitera a necesidade de que o Concello de Vigo teña unha “verdadeira política de vivenda” e que promova a subscrición de convenios coa Sareb e a banca privada para dispoñibilizar pisos en alugueiro que non teñan “prezos privativos”.

Xabier P. Igrexas: “É momento de medidas reais e urxentes que permitan poñer fin á expulsión de moitas familias traballadoras que non pode permitirse, literalmente, pagar o prezo da vivenda en Vigo”

Ler novas
Novas
DSC_0068_

O BNG de Vigo demanda que Xunta e Concello actúen para frear o fenómeno especulativo dos pisos turísticos na cidade

A fronte nacionalista alerta de que o aumento dun 20% deste tipo de aloxamentos desde o nadal dificulta inda máis o acceso a vivenda de alugueiro.

Instan a cooperación entre a administración galega e local para frear a multiplicación destes aloxamentos e para a posta en marcha dun Parque de Vivenda Social na cidade.

Xabier P. Igrexas: “O primeiro dereito de calquera cidadá e cidadán é o de habitar a propia cidade, o de ter un teito baixo o que vivir”

Ler novas