pleno
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo lamenta que Caballero impoña unha suba de impostos “innecesaria e socialmente inxusta”

A fronte nacionalista critica que PSOE e PP rexeitaran as súas emendas para avanzar cara a unha fiscalidade municipal equidistributiva e socialmente xusta alargando o uso de bonificación e exencións para as familias traballadoras

Xabier P. Igrexas: “Ver ao PSOE e ao PP votar xuntos en contra das emendas coas que o BNG pretendíamos que paguen menos impostos municipais as persoas con menos recursos, ilustra o carácter progresista desta subida de impostos”

¬GUNS N’ ROSES: O Bloque considera insultante o “silencio” de Abel Caballero no Pleno extraordinario e a falla de explicacións do Goberno municipal diante do escándalo do frustrado patrocinio publicitario

Ler novas
Novas
Concerto de Guns N' Roses celebrado o 12 de xuño en Balaídos [Foto: Metropolitano.gal]

O Pleno, impulsado polo BNG, polo “escándalo” do concerto de Guns N’ Roses celebrarase o 25 de setembro

O alcalde, Abel Caballero, decretou unilateralmente e sen contactar cos grupos da oposición que a sesión extraordinaria se celebre a continuación do Pleno ordinario de setembro

As propostas a debate do Pleno inclúen a reprobación do alcalde pola “falla de transparencia e reiteradas falsidades”, crear unha Comisión Especial de Investigación e a comparecencia da concelleira de Contratación e Festas

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero segue tentando fuxir do escándalo que envolve o intento do seu Goberno de entregar, irregularmente, case 2 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N’ Roses”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas e Filipe Abalde no Pleno municipal

O BNG critica a “complicidade” de Caballero coa dirección de Vitrasa diante dos incumprimentos no servizo de bus

A fronte nacionalista afea o voto negativo do PSOE no Pleno municipal ás súas propostas para sancionar á concesionaria e para esixir a intervención do Concello no conflito laboral

Reitera o apoio ás traballadoras e traballadores, presentes na sesión plenaria, ante os “graves incumprimentos” laborais e do bloqueo patronal da negociación do convenio

Xabier P. Igrexas: “A causa debe ser que o alcalde colle máis avións para ir ao estudio de El Hormiguero ou agora como tertuliano de Jaime Cantizano que buses urbanos”

_Sobre a ampliación de prazos do PXOM, chama a estudar en detalle os seu efectos urbanísticos, tendo en conta as graves advertencias do propio Secretario Xeral

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo no Pleno

O BNG propón 10 medidas urxentes para os cen primeiros días de mandato en Vigo

A fronte nacionalista traslada un decálogo de actuacións diante da “parálise e falla de impulso” do Goberno de Caballero, a través dunha moción ao primeiro Pleno ordinario

Xabier P. Igrexas: "Fronte a un Goberno municipal en estado de coma e un alcalde fuxido, o BNG demostramos que si hai alternativa ao desgoberno da inercia e a propaganda”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que a “incompetencia” do Goberno municipal impide constituír o Consello da Xerencia de Urbanismo

A fronte nacionalista lamenta que a “teimosía” de Abel Caballero teña o máximo organismo urbanístico aínda pendente de formación, malia as advertencias do Bloque

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, cuestiona a decisión do alcalde de deixar fóra do Pleno de Organización a designación de representantes, que obrigará a convocar unha nova sesión extraordinaria

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e os concelleiros Ana Martínez e Filipe Abalde

O BNG de Vigo denuncia que o Goberno de Caballero incumpre a lei negándose a constituír a obrigatoria Comisión de Vixilancia da Contratación

A fronte nacionalista acusa ao grupo socialista de impoñer sen diálogo coas forzas oposición unha organización do Concello que non garante un reparto proporcional e xusto

Lamenta o rexeitamento dos catro votos particulares formulados no Pleno de Organización para “democratizar” a proposta do Goberno municipal e reprocha o intento do alcalde de limitar o tempo de intervención do portavoz nacionalista

Xabier P. Igrexas: “O Concello non é do grupo de Goberno, a oposición xogamos un papel fundamental e con este reparto pretenden restrinxilo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde, Grupo Municipal do BNG de Vigo, no Pleno

O BNG de Vigo denuncia a pretensión de Caballero de impoñer o "rodete antidemocrático" no Pleno de Organización

A fronte nacionalista critica que o PSOE monopolice 12 das 13,5 dedicacións retribuídas, que non teña asignado persoal de apoio aos grupos da oposición nin designado membros para a Xerencia de Urbanismo e o resto de organismos con representación do Concello

Xabier P. Igrexas: “O alcalde quere comezar o mandato incumprindo a lei negándose de novo a constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación a pesar de ser obrigatoria”

_Sobre a folga no servizo de bus urbano, o BNG esixe ao alcalde que deixe de actuar como "lacaio de Vitrasa" e que se implique para desbloquear a negociación laboral

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde, Grupo Municipal do BNG de Vigo, no Pleno

O BNG de Vigo demanda a Caballero unha asignación “xusta e proporcional” de recursos para os grupos da oposición

A fronte nacionalista insta ao Goberno municipal a un reparto equilibrado dos medios acorde á representatividade para permitir o labor de fiscalización e de iniciativa política

Chama a corrixir a deriva do último mandato na que lle denegou ao BNG calquera tipo de dedicación retribuída, sen persoal e mesmo sen espazo de traballo no edificio do Concello

Xabier P. Igrexas: “Trasladamos a nosa disposición a acordar unha asignación xusta que impida que o grupo de Goberno concentre de novo o 90% dos recursos municipais”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas - Ana Martinez - Filipe Abalde

O BNG constituirá este luns o seu Grupo Municipal en Vigo

A fronte nacionalista designa a Xabier P. Igrexas como o seu Portavoz municipal e a Ana Martínez e Filipe Abalde como voceira e voceiro suplentes

De cara ao Pleno de Organización advirten que a lexislación e a normativa mandatan que as forzas da oposición teñen que contar tamén cos medios materiais e humanos necesarios para realizar o seu labor

Xabier P. Igrexas: “Ponse punto e final á aberración antidemocrática dos últimos catro anos, nos que de maneira abertamente ilegal e inxusta, o PSOE de Abel Caballero tentou por todos os medios amordazar e invisibilizar o BNG”

Ler novas
Novas
Os concelleiros Filipe Abalde, Xabier P Igrexas e Ana Martínez con militancia e cargos do BNG de Vigo

O BNG reivindica que Vigo vai máis alá da maioría absoluta de Abel Caballero

Os concelleiros electos Xabier P. Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde tomaron posesión dos seus cargos co compromiso de avanzar cara a unha cidade con máis participación e democracia, máis habitábel e verde, máis igualitaria e socialmente xusta, que volva ser pulmón produtivo de Galiza, vangarda da creación cultural e motor de todo un País

Xabier P. Igrexas: “O BNG traballaremos con entusiasmo e rigor, con firmeza pero coa man tendida, na certeza de que Vigo merece máis e de que o mellor está por vir”

Ler novas