remanentes
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno municipal de Vigo

O BNG critica o veto do Goberno de Caballero a incorporar 25 millóns para emprego, vivenda, política social e parroquias

Afea o bloqueo do PSOE ás propostas nacionalistas durante o Pleno de aprobación dun modificativo de crédito que “vai enterrar 31 millóns de euros en obra inaugurábel e pagos a grandes empresas”

Xabier P. Igrexas: “Os remanentes xerados pola falla de xestión do Goberno local teñen que ser devoltos en forma de políticas que atendan as necesidades reais das viguesas e vigueses”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón mobilizar 25 millóns extra dos remanentes para emprego, vivenda, política social e parroquias

A fronte nacionalista formula emendas á modificación orzamentaria iniciada polo Goberno de Caballero, que vai destinar 20 millóns a unha nova indemnización a Vitrasa, ao pago da sentenza polos aparcamentos privados e ao último pago do ascensor HALO

Xabier P. Igrexas: “Trátase de aumentar os recursos na atención das necesidades reais da cidade e non unicamente enterralos en obra inaugurábel e pagos a grandes empresas”

Ler novas
Novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo [Arquivo]

O BNG de Vigo critica que o Goberno de Caballero “promete moito pero fai moi pouco”

A fronte nacionalista denunciou no Pleno a permanente inexecución dos presupostos, despois de que o propio Goberno municipal recoñeza no marco orzamentario 2025-2027 que este ano deixarán sen gastar, como mínimo, case o 20% do capítulo de persoal e máis do 40% dos investimentos previstos

Xabier P. Igrexas: “Non é aforro nin eficiencia, é incapacidade e falla de xestión. Desde 2019 son case 500 millóns de euros de necesidades desatendidas e de promesas incumpridas”

¬SAÍDA SUR DE ALTA VELOCIDADE:  Sobre a proposta do Partido Popular de promover un Pleno extraordinario, Xabier P. Igrexas advirte que “agardamos que vaia precedida dunha rectificación rotunda das declaracións de Isabel Díaz Ayuso nas que pedía priorizar a conexión Lisboa-Madrid  sobre a de Vigo-Porto e tamén das desculpas do PP á cidade por paralizar o desenvolvemento da Saída Sur durante os gobernos de Mariano Raxoi"

Ler novas
Novas
O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, xunto a concelleira Ana Martínez e o concelleiro Filipe Abalde no Pleno de Vigo [Arquivo]

O BNG retrata no Pleno de Vigo a falla de xestión de Caballero por deixar 112 millóns sen gastar en 2023

A fronte nacionalista afea a continuada inexecución dos orzamentos do Concello por parte do Goberno local, que promete e anuncia as mesmas actuacións exercicio tras exercicio

Lamenta o voto en contra do grupo socialista ás 15 medidas propostas polo Bloque para destinar 100 millóns dos remanentes a atender as necesidades reais da cidade

Xabier P. Igrexas: “Non é aforro nin eficencia, falamos de 112 millóns de euros das viguesas e vigueses en promesas incumpridas que non retornan en forma de servizos”

¬ Critica o sectarismo do PSOE por impedir o debate dunha moción de urxencia polas represalias do PP na Deputación contra catro relatoras que apoiaron o BNG este 18F

Ler novas
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo propón mobilizar 100 millóns de remanentes con 15 medidas para atender as necesidades reais da cidade

A fronte nacionalista trasladará unha moción no Pleno municipal de febreiro con propostas para os remanentes “récord” do Concello, que no pasado ano 2023 ascenderon a 213 millóns de euros

Propoñen actuacións para fortalecer os servizos públicos, enfrontar o grave problema da vivenda e do empobrecemento social, mellorar as políticas culturais, deportivas e medioambientais e poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “Urxe mobilizar estes remanentes para evitar a bola de neve que nos últimos anos provocou unha acumulación sen precedentes de recursos sen gastar”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo urxe unha folla de ruta para evitar que os 200 millóns de remanentes municipais queden bloqueados

A fronte nacionalista critica o “irresponsábel silencio” do Goberno municipal diante das interpelacións do Bloque sobre as medidas para evitar a inmobilización destes fondos pola previsíbel fin da suspensión da regra de gasto

Xabier P. Igrexas: “Non nos podemos permitir o luxo de ter estes recursos nunha caixa con cadeado pola incapacidade do Goberno municipal de executar os seus orzamentos”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo, no Pleno municipal

O BNG de Vigo cuestiona que non se destine “nin un só euro” a medidas fronte á crise dos 32 millóns de crédito extraordinario

A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións no Pleno de como vai executar no orzamento de 2022 esta modificación que entra en vigor o 16 de decembro

Xabier P. Igrexas: “O alcalde foi incapaz de xustificar por que incorpora un suplemento de 2,5 millóns de euros para a dopaxe publicitaria da marca Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O BNG de Vigo cuestiona o «populismo fiscal» de Caballero e pide mobilizar 20 millóns para atender necesidades sociais

A fronte nacionalista reclama condicionar a axuda extraordinaria para libros de texto ao nivel de renda para que as familias con menores ingresos perciban contías maiores

Aumentar as partidas do Plan de Emprego e do cheque social, crear un programa de distribución de alimentos e un bono consumo no comercio local, axudas para acceder a unha vivenda e para o uso do autobús, entre as propostas do BNG

Xabier P. Igrexas: «Fronte a este oportunismo de Abel Díaz Ayuso para doparse cara as eleccións, o BNG propoñemos medidas concretas que protexan á poboación dos graves efectos da crise mobilizando o diñeiro que o Concello ten parado na caixa»

Ler novas