O BNG de Vigo esixe do Goberno municipal que cumpra as sentenzas e busque unha solución ao conflito dos bombeiros
Urxen que se atendan as reivindicacións dos bombeiros para reforzar o servizo e garantir a súa capacidade operativa.
Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que un goberno que se di progresista tentase rebentar unha folga cun decreto de servizos mínimos abusivo”
O BNG de Vigo critica a permanente improvisación do Goberno municipal co novo parque de bombeiros
Demandarán explicacións a respeito dos plans dun eventual traslado do parque de Balaídos á antiga depuradora de Coruxo.
Xabier P. Igrexas: “Deixen de xogar cos bombeiros, porque é tanto como xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”.
O BNG alerta do recorte dun terzo do persoal na vixianza e seguridade da rede museística de Vigo
Xabier P. Igrexas: “É incomprensíbel que nun contexto de pandemia, no que se está a reforzar a seguridade e o control nas instalacións de acceso público, o Goberno municipal decide recortar na seguridade dos nosos museos”.
A fronte nacionalista demandará explicacións ao Goberno municipal a quen urxen que rectifique e atenda as alegacións presentadas pola representación sindical da CIG.
Xabier P. Igrexas: “A decisión sobre onde instalar o novo parque de bombeiros non pode ser nin por capricho, nin improvisada”
O BNG de Vigo demanda que o alcalde explique os motivos polos que decidiu non construír o novo parque en Bouzas, como prometeu durante anos, e opta agora por facelo nunha nave industrial en Esturáns.
Piden que antes de adoptar unha decisión definitiva se elabore un estudo isócrono que mida os tempos e capacidades de resposta para evitar que o novo parque se converta nun “mal parche”.
Fanse eco das dúbidas que a nova localización produce entre os propios bombeiros que alertan de que non é un lugar axeitado.
O BNG advirte que a empresa de ambulancias contratada polo Concello de Vigo para a campaña de nadal foi denunciada por irregularidades
O BNG de Vigo demandará no Pleno solucións diante da “situación límite” dos bombeiros da cidade
- O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia a inacción do Goberno municipal cando transcorreron 20 días de folga indefinida.
- O BNG presentou unha moción de urxencia para o seu debate no Pleno deste mércores, reclamando que se atendan as reivindicacións do colectivo.
- A fronte nacionalista esixe que se “deixe de xogar coa seguridade das viguesas e os vigueses”.
O BNG esixe que o Concello de Vigo actúe para garantir que o persoal de seguridade da Rede Museística cobre os seus salarios
- O persoal da empresa A1, adxudicataria dos servizos de seguridade, non percibiu a nómina de xullo malia ter recibido o pagamento do Concello.
- O concelleiro, Xabier P. Igrexas, demanda maior rigor na elaboración dos pregos de contratación para evitar “baixas temerarias encubertas”, e que o Goberno municipal fiscalice con maior firmeza o cumprimento das obrigas laborais das empresas que reciben fondos do Concello.
O BNG de Vigo esixe que o Goberno municipal actúe para resolver a situación límite do corpo de bombeiros
- Despois de que a única resposta do executivo á convocatoria de folga para este 14 de agosto teña sido adiar a negociación cos sindicatos até setembro, o portavoz nacionalista, Xabier P. Igrexas, advirte a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa de que “non é momento de coller vacacións, é momento de exercer as súas responsabilidades”.
- O BNG volve reclamar que se informe dos cuadrantes de servizo desde o 1 de xaneiro de 2019 para que a cidade saiba durante cantas xornadas o Concello incumpre o mínimo de 20 efectivos operativos comprometendo a seguridade das viguesas e os vigueses.
O BNG pediralle á Dirección de Costas e Concello que informen sobre a prometida cesión do paseo de Bouzas
- O concelleiro Xabier P. Igrexas expresou o seu “apoio e comprensión” á veciñanza da vila de Bouzas que protesta cando se vai cumprir un ano de que o paseo fique inutilizado.
- A fronte nacionalista subliña que o alcalde prometeu a inicios de xaneiro deste ano que a cesión sería “inminente”.