teis
Novas
Xabier P. Igrexas, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, no acto público en Teis

O BNG de Vigo porá fin ao “castigo” do Concello contra a veciñanza de Teis

A fronte nacionalista aposta por recuperar e desenvolver a ETEA, garante a creación dunha biblioteca municipal e a mellora do transporte urbano, nun acto público celebrado este sábado en Teis

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “A veciñanza de Teis non pode seguir sendo castigada por ter a valentía de denunciar o abandono dun Goberno municipal que deixou sen gastar 436 millóns de euros neste mandato”

Filipe Abalde, candidato nº3: “Pasou case un ano e nada se avanzou para reabrir a piscina municipal de Teis, unha evidencia máis da nefasta xestión deportiva”

Ler novas
Novas
teis bng

O BNG de Vigo esixe a Caballero que deixe de “tomarlle o pelo” á veciñanza de Teis e faga realidade a biblioteca

A fronte nacionalista apoiou o acto de protesta organizado pola Asociación Veciñal de Teis e as ANPA do barrio para denunciaren 9 anos de promesas incumpridas

Xabier P. Igrexas: “As declaracións de Caballero sobre a futura biblioteca de Teis son un conto, todo fume. A día de hoxe o Goberno municipal non iniciou nin a licitación do proxecto”

Ler novas
Novas
Piscina de Teis

O BNG de Vigo urxe a reapertura da piscina municipal de Teis

A fronte nacionalista denuncia que inda non se iniciou a licitación das obras despois de case un ano e malia existir desde 2022 unha partida orzamentaria de un millón de euros

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “Case un ano despois do incendio o Goberno de Abel Caballero inda non moveu un dedo para volver poñer en marcha a piscina de Teis”

Ler novas
Novas
Presentación do proxecto 'Fábrica Cultural Teis' do BNG de Vigo

‘Fábrica Cultural de Teis’, a proposta do BNG para crear un grande espazo para a creación artística en Vigo

A fronte nacionalista propón nun encontro con creadoras e creadores da cidade a rehabilitación da antiga fábrica de pinturas en Teis, abandonada e de titularidade municipal, para promover unha dotación pública para a cultura de 2 mil metros cadrados

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos con este proxecto pasarmos dunha cidade consumidora de cultura a unha cidade creadora de cultura”

Ana Pontón: “Hai que brindar un maior apoio e alento desde as administracións á creación cultural, nas súas máis diversas expresións e disciplinas”

Ler novas
Novas
Instalacións deportivas da ETEA

O BNG de Vigo denuncia o peche das instalacións deportivas da ETEA sen data de reapertura

A fronte nacionalista reprocha que as máis de 500 persoas usuarias e clubs deportivos non foron avisados do peche producido o 1 de setembro, malia non ser efectiva aínda a devolución dos terreos á Zona Franca.

Xabier P. Igrexas: «Queremos un compromiso claro para garantir a reapertura o antes posíbel e asegurar que a cidade vai poder continuar facendo uso das instalacións»

Ler novas
Teses políticas
punta 01

O BNG demanda que o Goberno español actúe para recuperar e mellorar a praia da Punta en Teis

O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, realizou unha visita ao areal e vén de rexistrar unha iniciativa para instar o Ministerio para a Transición Ecolóxica que o acondicione.

Demandan que se resolva o afundimento da rampla de acceso, que se repare ou retire a torre de vixilancia e que se estuden opcións para evitar a perda de area.

Xabier P. Igrexas: “Urxe actuar para recuperar e poñer en valor esta praia para o desfrute da veciñanza de Teis e o conxunto das viguesas e vigueses”.

Ler novas
Novas
frian01

O BNG de Vigo reclama o mantemento das dúas liñas de educación infantil no CEIP Frián Teis

A deputada, Alexandra Fernández, anunciou a presentación de iniciativas no Parlamento galego contra un recorte “inxusto e inxustificado” que compromete o futuro do centro educativo.

Xabier P. Igrexas: “A Xunta ten que cesar no seu continuado ataque contra o ensino público en Vigo mentres seguen a transferir máis e máis recursos aos centros privados e concertados”.

Ler novas
Novas
AP9

O BNG levará ao Pleno de Vigo a esixencia de que se apliquen as bonificacións na AP9 a partir do 1 de febreiro

Demandan tamén que se avance na transferencia da competencia e da xestión con rumo a unha AP9 galega e libre de peaxes, que se converta en tramo urbano a autoestrada desde Torres de Padín, a instalación de pantallas acústicas e a reforma dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa.

Xabier P. Igrexas: "“Falamos dun compromiso de xaneiro de 2020 e agora botan balóns fóra con escusas burocráticas. Que estivo facendo o Goberno español durante estes doce meses?”

Ler novas