vitrasa
Novas
bng xpi

O BNG de Vigo pide que o Concello realice unha auditoría integral do servizo de bus urbano

A fronte nacionalista cualifica de “inaceptábel” a pretensión da concesionaria Vitrasa de aplicar unha rebaixa de preto do 40% dos salarios do persoal e aumentarlles a xornada laboral alegando unhas supostas perdas millonarias. Critican, ademais, a redución de servizos que se traduce na actualidade en 72 frecuencias de bus menos cada día.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que nun servizo municipal a empresa concesionaria, que recibe cada ano 12 millóns de euros de subvención do Concello, pretenda empobrecer de maneira brutal os salarios do seu persoal”

Ler novas
Novas
Reunión do portavoz municipal do BNG de Vigo co Comité de Empresa de Vitrasa

O BNG de Vigo solicita que o Goberno municipal sancione a Vitrasa polas irregularidades no servizo

A fronte nacionalista recolle a denuncia do Comité de Empresa de recortes de liñas aproveitando a folga, o incumprimento dos tempos de descanso do persoal condutor, así como contratacións irregulares na concesionaria do bus urbano de Vigo.

O Bloque critica que o alcalde se negue a recibir o Comité de Empresa e urxe a intervención do Goberno municipal para procurar unha saída acordada do conflito laboral.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos tolerar que unha empresa que recibe millóns de euros do Concello de Vigo vulnere os dereitos do persoal e incumpra o prego da concesión”.
Ler novas
Novas
Concentración do persoal de Vitrasa en folga diante do Concello de Vigo

O BNG esixe unha rectificación do Goberno municipal de Vigo tras declararse abusivos os servizos mínimos na folga de Vitrasa

Xabier P. Igrexas: “Está na man do goberno de Abel Caballero ser parte da solución ou seguir teimando en ser unha parte importante do problema coa súa complicidade”.

A fronte nacionalista reitera que o Concello debe convocar unha xuntanza coa empresa concesionaria do bus urbano e a representación sindical para abordar unha saída acordada da folga que atenda as “razoábeis” demandas do persoal.

Ler novas
Novas
Concentración do persoal de Vitrasa en folga diante do Concello de Vigo

O BNG de Vigo reclama que o Goberno municipal interveña no conflito laboral en Vitrasa e deixe de esconderse

A fronte nacionalista chama a convocar de forma inmediata unha xuntaza entre o comité e a dirección da concesionaria de bus urbano para abordar unha saída acordada da folga.

Xabier P. Igrexas: “O goberno de Caballero ten que dicir basta diante dos numerosos incumprimentos que consentiu a Vitrasa e deixar de virar as costas ao persoal do servizo de bus urbano”.

Ler novas
Novas
Represión policial durante a folga Vitrasa (Imaxe CIG)

O BNG de Vigo esixe responsabilidades á Subdelegada do Goberno pola represión policial na folga de Vitrasa

Xabier P. Igrexas: “Son inaceptábeis e intolerábeis as imaxes de violencia policial intentando impedir que o comité de folga e o persoal poidan exercer os seus dereitos”.

A forza nacionalista denuncia a complicidade do Goberno municipal coa dirección da empresa de bus urbano en Vigo por desatender as “lexítimas e razoábeis” reivindicacións das traballadoras e traballadores de Vitrasa.

Ler novas
Novas
vitrasa

O BNG de Vigo acusa a Caballero de ser “colaborador necesario” na vulneración de dereitos do persoal de Vitrasa

A fronte nacionalista trasladoulle ao Comité de Empresa dos buses urbanos o seu “total e absoluto” apoio ás súas reivindicacións polas que veñen de iniciar paros parciais con carácter indefinido.

Xabier P. Igrexas: “Podemos dicir con absoluta contundencia que estes servizos mínimos abusivos foron ditados pola empresa. O único que fixo o Goberno municipal foi estamparlles o membrete do Concello”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo apoia o persoal de Vitrasa e reclama ao Goberno de Caballero que deixe de ser “cómplice” das grandes empresas concesionarias

A fronte nacionalista reclama que o executivo local exerza as súas competencias como titular do servizo e actúe diante dos incumprimentos da concesionaria do bus urbano.

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que unha empresa que recibe millóns e millóns de euros do Concello teña atrasos no pago dos salarios, nin que o persoal condutor non poida realizar os descansos necesarios durante a súa xornada”.

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo insta o Goberno municipal a que esixa a Vitrasa o estrito cumprimento das súas obrigas salariais

_Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que o persoal que traballa nun servizo de titularidade municipal, como o bus urbano, estea sen cobrar”

_A fronte nacionalista demandou explicacións ao alcalde para que aclare se o Concello ten algún pago pendente á Vitrasa, como alega a dirección da empresa.

_Piden que se a concesionaria non aboa a paga extra pendente se lle abra expediente sancionador por parte do Concello.

Ler novas